>
  • O voceiro do grupo Municipal Popular insistiu na necesidade de “apartar este documento do debate político”, polo que insistiu en que o Grupo de Goberno pode atopar no Partido Popular “a máxima lealdade para obter un Plan Especial á altura das necesidades de Santiago”
  • Ante o informe presentado polo Goberno de CA, Hernández esixiulle ao alcalde que retire este documento antes de iniciar a súa tramitación no Pleno, xa que un documento desta envergadura e transcendencia debe nacer do consenso político, social, profesional e cidadán
  • Proba disto e que o concelleiro Jorge Duarte presentou un documento “unilateral, insuficiente e confuso”, todo isto acompañado pola fata de explicación do equipo redactor, que non foi quen de aclarar o contido da documentación que presentaban
  • Cabe lembrar que Goberno que dirixiu Agustín Hernández deixou asinado o contrato, constituídas as comisións e os traballos xa iniciados
  • Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2018. O voceiro do Grupo Municipal Popular, Agustín Hernández, ofreceu hoxe a súa colaboración para sacar adiante o Plan Especial do Casco Histórico, co fin de acadar un documento á altura das necesidades de Santiago. Hernández propuxo ao Grupo de Goberno “apartar este documento do debate político e iniciar un período de diálogo real”, polo que insistiu en que o Goberno de Compostela Aberta pode atopar no Partido Popular “a máxima lealdade para obter un Plan Especial que recolla tamén as inquietudes dos veciños”.

    No transcurso dunha rolda de prensa, o responsable do Partido Popular en Santiago fixo unha análise pormenorizada dos dous documentos presentados a semana pasada por CA, o Plan Especial e o Plan de xestión, e lembrou que hai xa 6 anos que se asinou un convenio entre o Concello, Gobernado polo PP, e a Xunta de Galicia para facer unha revisión profunda deste Plan Especial.

    Ante o informe presentado polo Goberno de CA, Agustín Hernández esixiulle ao alcalde Martiño Noriega que retire este documento antes de iniciar a súa tramitación no Pleno, “xa que un documento desta envergadura e transcendencia debe nacer do consenso político, social, profesional e cidadán e, neste caso, o diálogo foi inexistente”.

    Neste momento, remarcou, despois de máis de 40 meses de Goberno de Martiño Noriega, “o documento que se nos ofrece non reúne as mínimas condicións de calidade e rigorosidade en relación co que determinan os propios pregos nos que está baseado o contrato que se asinou no ano 2014”.

    Así mesmo, Hernández lembrou que o Goberno do PP que asinou e adxudicou dito contrato deixou creadas dúas comisións, unha executiva e outra de participación para o seguimento e para acadar o mellor documento posible para a modificación do Plan Especial. “Pero a realidade, incidiu Hernández é que desde que está CA no Goberno só houbo dúas reunións en 41 meses o que define a falta de participación e interese”.

    Proba disto e que o concelleiro Jorge Duarte presentou un documento “unilateral, insuficiente e confuso”, todo isto acompañado pola fata de explicación do equipo redactor, que non foi quen de aclarar o contido da documentación que presentaban.

    “Parece que o Goberno de Martiño Noriega carece da capacidade de entender a importancia do Plan Especial do Casco Histórico de Santiago, documento que nace para perdurar no tempo e que debe buscar o consenso de todos os sectores aos que afecta”, subliñou Hernández.

    O Grupo Municipal Popular considera que os papeis presentados por CA, que ten a idea irresponsable de levalos ao vindeiro Pleno, son totalmente confusos, xa que os relatores mesturan o propio Plan Especial co Plan de xestión, o que supón unha total falta de rigor e de diálogo”.

    O documento non realiza a diagnose axeitada, xa que debería definir cales son os ámbitos da cidade histórica que non acadaron o nivel de desenvolvementos previstos no Plan vixente e buscar as causas desta situación e, así, poder poñer as solucións necesarias. Tamén carece de orde, mistura conceptos e foi realizado ás costas dos colectivos sociais, profesionais e veciñais e, no caso do Plan de xestión, este non presenta nin solución, nin alternativas concretas.

    Así mesmo, Agustín Hernández remarcou que “consideramos un despropósito que CA inclúa para a execución desde Plan a un técnico que se tiña presentado ao concurso para elaborar este documento e que perdeu dito concurso”, polo que o Goberno de Martino Noriega decidiu pola súa conta incluír a esta persoa sen aclarar en calidade de que está traballando para o Concello.

    Cabe lembrar que, a finais de 2013, o Concello de Santiago xa estaba en condicións de facer a valoración e iniciar o procedemento de adxudicación da redacción da modificación do Plan, posteriormente, o grupo municipal do PSdG decidiu “poñer paus nas rodas deste documento”, presentando un recurso, que foi superado e o 25 de novembro de 2014 foi adxudicado o contrato correspondente, que incluía a redacción do Plan Especial e o Plan de xestión do mesmo, tras o visto bo dun comité de expertos