>
  • Os Populares tamén lles solicita que restitúan á beirarrúa ao seu anterior estado, polo que será necesario retirar os vellos contedores en superficie e os valos que na actualidade os circundan
  • A estética non é a máxima problemática nin a más preocupante, senón que a dita situación hai que engadir a inseguridade e dificultade para o depósito do lixo, xa que os veciños deben acceder aos contedores pola marxe da calzada
  • Esta situación supón un perigo tanto para os usuarios como para os vehículos que transitan por esa rúa
  • O grupo Municipal Popular amosa a súa sorpresa, non só polo longo período no que leva imposta unha medida deste tipo, senón pola pésima imaxe da nosa cidade que poden ver todos os peregrinos que se achegan a Santiago a través do Camiño Francés
  • Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2018. O Grupo Municipal Popular vén de denunciar, por enésima vez, o desleixo do Goberno de Martiño Noriega co barrio de Fontiñas e a súa contorna. Nesta ocasión, o grupo que dirixe Agustín Hernández esíxelle ao Goberno de Compostela Aberta que, dunha vez por todas, repoña os contedores subterráneos da rúa das Fontiñas, situados á altura do parque da República Oriental do Uruguai e antes da confluencia coa rúa dos Concheiros.

    Así mesmo, os Populares tamén lles solicita que restitúan á beirarrúa ao seu anterior estado, polo que será necesario retirar os vellos contedores en superficie e os valos que na actualidade os circundan.

    Para elo, o Grupo municipal Popular presentará un rogo no vindeiro Pleno ordinario deste mes, xa que, desde hai varios meses, dous contedores soterrados nesta zona permanecen valados e, no seu lugar, mantéñense instalados uns contedores convencionais que supoñen un negativo impacto estético, nunha zona pola que discorre o Camiño Francés.

    Así mesmo, a estética non é a máxima problemática nin a más preocupante, senón que a dita situación hai que engadir a inseguridade e dificultade para o depósito do lixo, posto que os veciños que teñen que empregar estes elementos deben acceder a eles pola marxe da calzada, en lugar de facelo desde a beirarrúa por onde agora o valo non o permite. Esta situación supón un perigo tanto para os usuarios como para os vehículos que transitan por esa rúa.

    O grupo Municipal Popular amosa a súa sorpresa, non só polo longo período no que leva imposta unha medida deste tipo, senón porque non se teña acelerado a reposición nun ámbito que foi todo el remodelado e polo que transitan moitas persoas ao atoparse, como xa diciamos, no mesmo itinerario do Camiño Francés, ofrecendo unha pésima imaxe da nosa cidade.