>
  • O Grupo Municipal Popular considera incomprensible que continúe sen abrirse ao público un espazo que serviría de revulsivo para o pequeno comercio desta zona de Santiago
  • Os Populares consideran que a apertura deste aparcamento, xunto co establecemento dun sistema de rotación, facilitaría que os veciños e visitantes podan deixar os vehículos nesta área e trasladarse a facer as súas compras con maior comodidade
  • Para o equipo que dirixe Agustín Hernández, é aínda máis difícil de entender que, nunhas datas na que o pequeno comercio pode sacar maior beneficio, esta infraestrutura siga “perdida no esquecemento, sen explicación algunha”
  • Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2018. O Goberno de Compostela Aberta mantén pechado, a día de hoxe, o aparcamento de Conxo, despois de levar máis dun mes rematado. Esta situación resulta completamente incompresible, sobre todo, nunha cidade que carece de espazos suficientes para deixar o coche.

    Os Populares veñen recibindo queixas de veciños que se preguntan cales son as razóns polas que continúa sen abrirse ao público un espazo que serviría de revulsivo para o pequeno comercio desta zona de Santiago. Esta instalación suporía tamén dar vida ao comercio do barrio e o das zonas limítrofes, ademais de dar cobertura a unha demanda que os veciños e usuarios desta área levan anos demandando.

    O grupo que dirixe Agustín Hernández consideran que a apertura de este espazo, xunto coa instalación dun sistema real de rotación, no como no tan denunciado caso do aparcamento de Pontepedriña, onde o desleixo o Goberno de Martiño Noriega conseguiu que o fin para o que estaba concibido non teña lugar, sería de gran valor para a zona.

    O bo funcionamento do aparcamento de Conxo facilitaría a veciños e visitantes, ademais de traballadores da zona, puideran deixar os seus vehículos para trasladarse a facer tanto as súas compras como calquera outro trámite con maior facilidade.

    Para o Grupo Municipal Popular, é aínda máis difícil de entender que nunhas datas nas que o pequeno comercio pode sacar maiores beneficios, esta infraestrutura siga pechadas sen explicación algunha.

    Este aparcamento en superficie, que leva rematado hai máis dun mes e que contou cun orzamento de 100.000 euros, ten 70 prazas e estaba pensado, como dicíamos, para a dinamización comerciar do barrio. Así mesmo, a instalación, que está situada nas inmediacións do cruce da avenida de Ferrol e a rúa Conxo de Arriba, contaría cun sistema de rotación de vehículos.

    O acceso para os peóns farase por un camiño dende a praza, fronte á rúa Sánchez Freire ata o paso de cebra da rúa Conxo de Arriba.