>
  • Engadiu “queremos crear unha unidade no Concello para acompañar os emprendedores no seu proceso, unha figura que nos parece imprescindible para a xeración de oportunidades e de emprego en Santiago"
  • O voceiro Popular destacou “a importante labor que leva facendo o meu equipo, que está a dar un exemplo de compromiso, de traballo intenso e de recuperación da normalidade, despois dun tempo complexo, con erros propios e alleos”
  • Destacou que o Goberno de Compostela Aberta “só soubo seguir co que xa estaba proxectado, non fixo propostas e afundiu á cidade nun gris permanente, nun deterioro claro que poden observar todos os santiagueses”
  • O voceiro Popular asegurou que o PP de Santiago “presentará unha candidatura para gañar e para ser a primeira forza, a partir diso, coa mesma lexitimidade que Martiño Noriega, pediremos o dereito a gobernar sendo a primeira forza política”
  • Tamén quixo denunciar que Compostela Aberta non foi que de facer nada en materia de política social, senón que adicou os case catro anos de lexislatura a facer todo o contrario, é dicir, política coa problemática social que existe na cidade”
  • Desde o Grupo Municipal Popular, remarcou Agustín Hernández, “levamos tempo traballando para conformar un proxecto que faga de Santiago a capital que queren todos os cidadáns, atendendo as súas distintas realidades”
  • Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2018. O voceiro do Grupo Municipal Popular, Agustín Hernández, asegurou hoxe no programa Bos Días da Televisión de Galicia que o seu grupo está a traballar “nunha proposta realista para unha baixada xeral dos impostos ligada, por exemplo, á rehabilitación das vivendas ou ás prioridades das familias numerosas”. Ademais, engadiu “queremos crear unha unidade no Concello para acompañar os emprendedores no seu proceso, unha figura que nos parece imprescindible para a xeración de oportunidades e de emprego en Santiago".

    O voceiro Popular destacou “a importante labor que leva facendo o meu equipo, que está a dar un exemplo de compromiso, de traballo intenso e de recuperación da normalidade, despois dun tempo complexo, con erros propios e alleos”. Así mesmo, lembrou que “xa lle temos pedido desculpas á cidadanía polas equivocacións cometidas, pero estamos seguros que coa miña chegada á alcaldía, démoslle á cidade o que necesitaba, aínda que quedou demostrado que non tivemos tempo para recuperarnos daquela situación”, polo que ve neste novo tempo unha oportunidade para traballar para que Santiago recupere o posto que merece.

    Durante a conversa, Hernández remarcou que el máis o seu equipo “configuramos nun programa que fala de futuro, falamos de Santiago capital, dun proxecto con planificación e da oportunidade que representa o Xacobeo 2021". Destacou que o Goberno de Compostela Aberta “so soubo seguir co que xa estaba proxectado, non fixo propostas e afundiu á cidade nun gris permanente, nun deterioro claro que poden observar todos os santiagueses”.

    O voceiro Popular asegurou que o PP de Santiago “presentará unha candidatura para gañar e para ser a primeira forza, a partir diso, coa mesma lexitimidade que Martiño Noriega, pediremos o dereito a gobernar sendo a primeira forza política, porque hai que recordar que nas pasadas eleccións so nos separaron 400 votos e, para nós as liñas vermellas con outros posibles compañeiros de viaxe márcaas a Constitución”.

    Tamén quixo denunciar que o Grupo que dirixe Martiño Noriega non foi que de facer nada en materia de política social, senón que adicou os case catro anos de lexislatura a facer todo o contrario, é dicir, política coa problemática social que existe na cidade”.

    Case catro anos e ningún proxecto propio

    O portavoz Popular subliñou tamén que, si neste momento, se lle pregunta a calquera veciño de Santiago, “si tras case tres anos de Goberno das Mareas de Podemos en Santiago, pode enumerar algunha actuación que fose planificada ou proxectada e levada a cabo por eles”. Agustín Hernández remarcou que “seguro que non hai ninguén que poda respostar a esa pregunta, porque a realidade é que nada teñen feito”.

    “Desde o Grupo Municipal Popular, remarcou Agustín Hernández, levamos tempo traballando para conformar un proxecto que faga de Santiago a capital que queren todos os cidadáns, atendendo as distintas realidades que contempla a cidade, atendendo realidades como a do rural que, neste momento, está totalmente esquecido, a dos barrios, a do Casco Histórico, sen esquecer as realidades da Universidade, do sector funcionarial e do polígono empresarial, entre outros".

    "Por exemplo, indicou o Popular, hai iniciativas, como o edificio Emprendia e os centros de investigación que son necesarios coñecer e aproveitar, aínda tamén é imprescindible facer cousas que o Goberno de Compostela Aberta non fixo en todo o tempo que leva no Goberno Local, como é vincular a realidade universitaria co sector empresarial dos polígonos e tamén do pequeno comercio". Para Hernández, “o equipo de Martiño Noriega ten esquecido que en Santiago existen empresas punteiras, moi innovadoras e, sobre todo, moita xente emprendedora".

    Por último, Hernández indicou que a celebración do vindeiro Xacobeo 2021 “ten que supoñer un referente para Santiago e para Galicia, polo que debería quedar fora de liortas políticas e protagonismos” e engadiu que “estamos moi preocupados pola situación do Consorcio, que leva un ano totalmente en branco”.