>
  • Neste momento, na marxe dereita da rúa de Ramón del Valle Inclán, en sentido ascendente, pouco despois de pasar o edificio do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) pódese apreciar o notable deterioro que presenta o firme de cantería
  • Esta estase a manter desde hai varios meses e cada paso vaise agravando, ata o punto de poñer en risco a seguridade peonil ao tempo que ameaza con pasar factura ante posibles desperfectos nos vehículos que fan uso deste acceso
  • Cabe indicar que o afundimento dunha zona de unión da calzada e do acceso e zona peonil ocasiona un firme irregular, o que fai que se vaian afiados os perfís, supoñendo un verdadeiro perigo
  • Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2019. O grupo Municipal Popular presentará no vindeiro Pleno un rogo co fin de que Compostela Aberta proceda á reparación do firme no acceso ás dársenas de autobuses do colexio La Salle e na entrada da rúa Caramoniña. Este tipo de solicitudes ao Goberno de Martiño Noriega convertéronse nun clásico durante toda a lexislatura, posto que case ningunha das solicitudes feitas, tanto no abeiro do Pleno como por outros sistemas, non foron atendidas.

    Neste momento, na marxe dereita da rúa de Ramón del Valle Inclán, en sentido ascendente, pouco despois de pasar o edificio do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) pódese apreciar o notable deterioro que presenta o firme de cantería que fai as funcións de beirarrúa e que serve de acceso para a ruela de Caramoniña e as dársenas de autobuses anexadas ao aparcadoiro de La Salle.

    Esta situación estase a manter desde hai varios meses e cada paso vaise agravando, ata o punto de poñer en risco a seguridade peonil ao tempo que ameaza con pasar factura ante posibles desperfectos nos vehículos que fan uso deste acceso, posto que, tal e como se pode apreciar nas imaxes que se achegan como anexo, o afundimento dun zona de unión da calzada e do acceso e zona peonil ocasiona un firme irregular, no que cada paso máis se van acentuando uns afiados perfís que cómpre evitar en beneficio de persoas e vehículos.