>
  • Este amplo xardín abriuse ao público no ano 2012, grazas a un Goberno do Partido Popular
  • Sánchez-Brunete subliñou que o proceso de peche deste espazo verde resulta moi alegórico das políticas que leva a cabo o Goberno de Martiño Noriega, quen iniciou a campaña “abrindo unha porta ficticia en Mazarelos e rematan a súa lexislatura pechando unha porta real na praza Salvador de Parga”
  • O concelleiro Popular explicou que o Goberno local debe adoptar as medidas precisas para poder desfrutar desta xardín, polo menos, nos meses de verán e, no caso de construírse un centro cívico nun edificio contiguo, se de acceso a este espazo, a través do novo e anunciado centro sociocultural
  • Para Alejandro Sánchez-Brunete é “curioso que os que xaleaban a ocupación de propiedades privadas non poñan o mínimo interese en garantir a propiedade pública”
  • Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2019. O concelleiro do Grupo Municipal Popular, Alejandro Sánchez-Brunete, denunciou hoxe en rolda de prensa o peche definitivo do pazo de Amarante por parte do Goberno de Compostela Aberta, o que supón unha importante perda patrimonial para a cidade de Santiago. Este amplo xardín abriuse ao público no ano 2012, grazas a un Goberno do Partido Popular.

    Sánchez-Brunete subliñou que o proceso de peche deste espazo verde resulta moi alegórico das políticas que leva a cabo o Goberno de Martiño Noriega, quen iniciou a campaña “abrindo unha porta ficticia en Mazarelos e rematan a súa lexislatura pechando unha porta real na praza Salvador de Parga”.

    O concelleiro Popular explicou que o Goberno local debe adoptar as medidas precisas para poder desfrutar desta xardín, polo menos, nos meses de verán e que no caso de levarse a cabo a construción dun centro cívico nun edificio contiguo ao xardín de Amarante se de acceso a este espazo verde a través do novo e anunciado centro sociocultural.

    Para Alejandro Sánchez-Brunete é “curioso que os que xaleaban a ocupación de propiedades privadas non poñan o mínimo interese en garantir a propiedade pública”, ademais engadiu que “é unha burla” que, coas políticas que levan a cabo “rebautizaran a concellería de Urbanismo e pasase a chamar de Espazos Públicos”.

    O Pazo de Amarante posúe un amplo e fermoso xardín interior, con camelios de gran porte, unha fonte barroca, con vistas á fachada posterior do Pazo, guarnecido das incidencias do tempo. A este amplo xardín acédese desde a praza de Salvador de Parga.