>
  • O Partido Popular de Santiago ten confirmados que, alo menos, en 15 ocasións o Goberno de Martiño Noriega contratou os servizos de persoas coas que distintos membros do Goberno manteñen inmediatas relacións de consanguinidade ou afinidade
  • En rolda de prensa, Sánchez-Brunete considerou que é necesario que “nos casos de contratación de servizos de parentes do Goberno de CA se demostre a necesidade da súa contratación externa e se demostre, ademais, que para o interese público era necesario beneficiar con estes contratos a ditos familiares”
  • Para o Popular, non é momento de pedir dimisións, senón de que o Executivo de Martiño Noriega dea as oportunas explicacións e entregue a información que explique esta situación
  • Cos datos enriba da mesa, “está claro que se están transferindo rendas das familias de Santiago aos familiares e parentes do Goberno municipal, o que esixe explicacións”, remarcou Sánchez Brunete
  • Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2019. O concelleiro do Grupo Municipal Popular, Alejandro Sánchez-Brunete, ofreceu hoxe unha rolda de prensa na que lle solicitou ao Goberno de Compostela Aberta que explique cantos contratos ten outorgado “a dedo” a familiares do seu Executivo. O Partido Popular de Santiago ten confirmados que, alo menos, en 15 ocasións o Goberno de Martiño Noriega contratou os servizos de persoas coas que distintos membros do Goberno manteñen inmediatas relacións de consanguinidade ou afinidade.

    Sánchez-Brunete remarcou que “tamén queremos que o Goberno de CA explique si os seus parentes foron subcontratados, mercantil ou laboralmente, por empresas ou entidades que, previamente, asinaron convenios ou recibiron contratos do propia Executivo de Martiño Noriega, posto que todo apunta á existencia doutra bolsa opaca de familiares contratados que tamén queremos coñecer”.

    O concelleiro Popular considera que é necesario que “en todos os casos de contratación de servizos de parentes do Goberno de Compostela Aberta se demostre a necesidade da súa contratación externa e se demostre, ademais, que para o interese público era necesario beneficiar con estes contratos a ditos familiares”.

    Por outra banda, o Grupo Municipal Popular destacou que, ao marxe da legalidade ou a ilegalidade destas contratacións, o Alcalde debería aclarar si considera “ético e estético ou exemplar a contratación discrecional, a dedo, de familiares e si os seus supostos criterios éticos, estéticos ou de exemplaridade son máis relaxados cando se trata de prácticas das Mareas de Podemos”.

    Para o Popular non é momento de pedir dimisións, senón de que o Executivo de Martiño Noriega dea as oportunas explicacións e entregue a información que explique esta situación, xa que salvo que o Goberno desvirtúe os indicios ou incluso as evidencias, hai motivos para pensar que o Goberno de CA pode estar facendo do “neo-neopotismo contractual, e dicir, da contratación de familiares ou parentes, unha práctica de Goberno”

    Cos datos enriba da mesa, “está claro que se están transferindo rendas das familias de Santiago aos familiares e parentes do Goberno municipal, o que esixe explicacións”, remarcou Sánchez Brunete.

    .