>
  • Nunha rolda de prensa, Sánchez-Brunete subliñou que ao alcalde segue sen respostar ás cuestións que, desde o Grupo que dirixe Agustín Hernández, se lle plantexaron hai días
  • A situación, lonxe de mellorar, empeora, posto que, neste momento, xa estamos a falar de 18 novos contratos, entre xuño de 2015 e 2018, adxudicados “a dedo a cinco empresas de destacados membros de CA ou de familiares inmediatos", por un importe superior aos 166.000 euros
  • O concelleiro Popular confesou que “non está a ser unha semana fácil”, pero “nosa función é pedir explicacións; e a do alcalde é dalas e asumir responsabilidades, algo que se pode facer sen crispación”
  • Pola súa parte, Martiño Noriega segue sen dar explicación algunha, non só iso, senón que hoxe decidiu ”voar cara Palma de Mallorca de xeito inesperado”, xa que na súa axenda institucional non aparecía programado dito periplo
  • Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2019. O concelleiro do Grupo Municipal Popular, Alejandro Sánchez-Brunete, reiterou hoxe a petición de explicacións ao Grupo de Compostela Aberta sobre a contratación de determinadas empresas da “familia partidista”. Nunha rolda de prensa, Sánchez Brunete subliñou que ao alcalde segue sen respostar ás cuestións que, desde o Grupo que dirixe Agustín Hernández, se lle plantexaron hai días.

    A situación, lonxe de mellorar, empeora, posto que, neste momento, xa estamos a falar de 18 novos contratos, entre xuño de 2015 e 2018, adxudicados “a dedo a cinco empresas de destacados membros de CA ou de familiares inmediatos", por un importe superior aos 166.000 euros.

    O concelleiro Popular confesou que “non está a ser unha semana fácil”, pero a obriga dos Grupos da oposición é fiscalizar o traballo do Goberno Local, “nosa función é pedir explicacións; e a do alcalde é dalas e asumir responsabilidades, algo que se pode facer sen crispación”.

    Sánchez-Brunete remarcou que, neste momento, xa estamos ante indicios que levan a pensar que Compostela Aberta “non é unha confluencia política, senón una confluencia de intereses mercantís e todo parece indicar que CA non é unha organización política, senón un holding empresarial”.

    Alejandro Sánchez-Brunete explicou que é necesario que en todos os casos de contratación de servizos a “parentes e amigos” do Goberno de CA se demostre a necesidade da súa contratación externa e que, para o interese público, era necesario beneficiar con estes contratos a estas persoas. “O Alcalde debería aclarar si considera ético e estético ou exemplar a contratación discrecional, a dedo, de familiares e amigos”, concretou.

    Pola súa banda, Martiño Noriega segue sen dar explicación algunha, non só iso, senón que hoxe decidiu ”voar cara Palma de Mallorca de xeito inesperado”, xa que na súa axenda institucional non aparecía programado dito periplo. O Alcalde preferiu deixar soa á concelleira María Rozas, para asistir a un acto de partido non programado, en vez de dar el mesmo a rolda de prensa da Xunta de Goberno, tal e como ocorre todos os venres.