>
  • Destacaron que existe unha carencia moi importante na recollida de lixo, sobre todo, no que se refire ao o vidro, posto que non hai contedores en toda a parroquia, algo que resulta incrible, tendo en conta que son as administracións, sobre toda a local, as que deben facilitar estas accións
  • Os veciños explicáronlle a o voceiro Popular que se consideran discriminados respecto aos habitantes do centro da cidade, xa que no se atenden as súas demandas, algunha como a instalación de zonas para aparcar cando van a Santiago centro a facer distintas operacións
  • Tamén lle explicaron a Agustín Hernández que faltan conexións co transporte urbano e tamén reclamaron máis actividades no centro sociocultural e mellorar o servizo de wiffi que, segundo eles, e visiblemente insuficiente
  • Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2019. O presidente do Partido Popular e candidato á alcaldía de Santiago de Compostela, Agustín Hernández, mantivo hoxe unha reunión cos veciños de Santa Cristina de Fecha para coñecer de primeira man as necesidades da veciñanza da parroquia.

    Os veciños destacaron que existe unha carencia moi importante na recollida de lixo, sobre todo, no que se refire ao o vidro, posto que non hai contedores en toda a parroquia, algo que resulta incrible, tendo en conta que son as administracións, sobre toda a local, as que deben facilitar estas accións.

    Ademais, insistiron en que o Goberno de Martiño Noriega non presta demasiada atención a esta parroquia, xa que é imprescindible levar a cabo unha mellora no mantemento das pistas. Os habitantes de Santa Cristina de Fecha denunciaron tamén a carencia de saneamento e abastecemento na parroquia, algo que o Goberno de Compostela Aberta segue sen solucionar despois de catro anos no Goberno.

    Así mesmo, explicáronlle a o voceiro Popular que se consideran discriminados respecto aos habitantes do centro da cidade, xa que no se atenden as súas demandas, algunha como a instalación de zonas para aparcar cando van a Santiago centro a facer distintas operacións.

    Por outra banda, tamén lle explicaron a Agustín Hernández que existe unha carencia de rozas na tempada que corresponde; faltan conexións co transporte urbano e tamén reclamaron máis actividades no centro sociocultural e mellorar o servizo de wiffi que, segundo eles, e visiblemente insuficiente.