>
  • Hernández definiu esta situación como “exemplo da habitual falta de transparencia do Goberno de Compostela Aberta, posto que, tras a celebración da xunta de goberno de onte, o Goberno non ten facilitado aínda o texto do convenio que pretende asinar con Acuaes”
  • Considera incrible que dous Gobernos “en tempo de desconto, central e local, vaian a comprometer os cartos dos santiagueses en anualidades para o ano 2021”
  • Hernández destacou que “a preocupación do alcalde polo saneamento e a depuración da cidade é cero, o único que busca é unha foto que lle lave a faciana dunha lexislatura negra para o medio ambiente santiagués”
  • O voceiro Popular destacou que “nunca en Galicia se dera a situación de que o Concello tivese que adiantar os cartos para elaborar un proxecto e estudos técnicos para unha obra de interese xeral”
  • Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2019. O voceiro do Grupo Municipal Popular, Agustín Hernández, esixiulle hoxe ao alcalde Martiño Noriega a celebración da Xunta de voceiros e dun Pleno extraordinario para informar aos grupos que representan á maioría dos veciños de Santiago a decisión “unilateral e irreflexiva” de asinar un convenio con Acuaes antes de dous procesos electorais, para a construción da depuradora.

    Durante a rolda de prensa, o mandatario Popular indicou que hai que destacar que Martiño Noriega si convocou un Pleno para que os grupos da oposición se posicionaran sobre o anterior convenio, sen clarificar a súa intención e agora, sen embargo, agocha as súas intencións.

    O Popular considera “incrible que dous gobernos en tempo de desconto, central e local, vaian a comprometer os cartos dos santiagueses en anualidades que chegarán ata o ano 2021”. Hernández destacou que “a preocupación do alcalde polo saneamento e a depuración da cidade é cero, o único que busca é unha foto que lle lave a faciana dunha lexislatura negra para o medio ambiente santiagués”.

    Así mesmo, Agustín Hernández subliñou que “nunca, en Galicia se dera a situación de que o Concello tivese que adiantar os cartos para pagar a elaboración dun proxecto e estudos técnicos para unha obra de interese xeral”.

    “Vén a falarnos agora de diálogo competitivo, un procedemento novidoso, que pode agochar anos de papeleos que non evitarán a tramitación medioambiental, polo que o Goberno de Compostela Aberta tería que explicar en que prazos nos movemos, cal será o custe, que cronograma temos, entre outras cousas, pero, neste momento, so hai incógnitas, polo que debería consultar coas administración implicadas, Xunta e Goberno”, agregou.