O voceiro do Grupo Municipal Popular, José Antonio Constenla, lamentou hoxe en rolda de prensa que lamenta que o Goberno de Sánchez Bugallo e Mercedes Rosón se suba ao carro “das políticas turistofóbicas de Martiño e Compostela Aberta” ao plantexar unha modificación do PXOU que non resolve os desequilibrios de usos residenciais da cidade. Constenla Ramos remarcou que a modificación que plantexa o Grupo de Goberno só busca establecer unha serie de limitacións para a implantación de Vivendas de Uso Turístico (VUT) no núcleo urbano, pasando por os barrios periféricos e chegando ata a configuración máis próxima ao rural.
O Popular subliñou que esta modificación non está baseada nun estudo demográfico por ordenanzas onde se poida deducir claramente que as vivendas de uso turístico supoñen unha minoración da poboación existente e ademais, “non coñecemos nin un só dato estatístico, informe ou estudo que acredite que, efectivamente, unha limitación destas características teña efectos positivos a nivel demográfico ou que impida a drástica redución de poboación que xa ameaza a zona máis turística da cidade: o casco Histórico”, destacou.
Segundo o Goberno municipal, este cambio busca conter a colonización de VUT na zona vella e a súa contorna, pero o que seguro vai a lograr é que durante 2 meses ao ano toda a cidade estea repleta deste tipo de vivendas; que se dispare a especulación sobre a primeira planta dos edificios que conten, alo menos, con baixo + 5 plantas, onde poderán instalarse estas vivendas.
Tal como remarcou José Antonio Constenla na súa intervención, “a autorización de vivenda en primeira planta (ou baixos onde sexa posible) suporá unha discriminación intolerable e se xerarán plusvalías para as primeiras plantas, que se poden traducir en alteracións catastrais e se dá cabida a un fraude masivo, posto que bastará con acreditar que se vive nunha vivenda para alugar sen problema por habitacións a práctica totalidade da casa”.
O voceiro Popular considera que estamos ante unha oportunidade perdida para erradicar a paisaxe de locais abandonados en determinados barrios; regularizar as VUT de pequenos propietarios, unhas 800 familias, que decidiron investir nas súas vivendas para sacarlles algunha rendibilidade; e de regular o maior desequilibrio de usos e de afectación á función residencial da cidade, como os vinculados ao ocio nocturno, polo que “o que busca o Goberno local é castigar máis o uso turístico que garantir a función residencial”, subliñou.
É necesaria unha regulación das VUT
Para o Grupo Municipal Popular, sen dúbida, é necesaria unha regulación das VUT e tamén tomar máis medidas para garantir a función residencial e a calidade de vida da veciñanza, pero isto non pode pasar so por criminilizar as VUT, xa que estas non só aloxan a turistas senón tamén son empregas por persoas que as alugan algúns días por motivos profesionais, para asistir a congresos ou seminarios ou aloxar a persoas que prestan axuda a familiares hospitalizados
José Antonio Constenla remarcou que o problema de vivenda en Santiago non se arranxa limitando e pechando as VUT, posto que a porcentaxe dedicado a este fin é moi reducido en comparación co parque construído sen habitar e o alto prezo da vivenda en aluguer en Santiago se debe a unha necesidade insatisfeita, polo que hai que poñer en marcha medidas incentivadoras tanto para os demandantes como para os propietarios. Ademais, é preciso seguir apostando por políticas de rehabilitación de vivendas que se dediquen especialmente ao aluguer.
Finalmente, o Popular animou á veciñanza a que, no trámite de exposición ao público, se anime a presentar moitas alegacións en defensa dos seus intereses.