Borja Verea, presidente dos populares composteláns e candidato á alcaldía de Santiago, afirmou en relación á normativa aprobada onde sobre as VUT que “se conseguimos esa maioría suficiente, regularemos e limitaremos as vivendas de uso turístico” e calificou de “letais e caóticas” as políticas que levan poñendo en marcha na última década tanto Compostela Aberta como Sánchez Bugallo e “das que non imos formar parte”, sinalou.
Nese senso, Verea insistiu en que tras sete anos de prohibicións o resultado “está aí á vista de todos: nin novos investimentos, nin novos veciños, ao contrario, acelerouse o abandono do Casco Histórico”. E é que se multiplicaron as ordes de peche e as multas ás vivendas vacacionais, e sen embargo “non se lembra un setembro tan complicado para atopar vivenda en Santiago”, denunciou. Para o líder popular “fronte ás prohibicións e ás ocorrencias, nós apostamos pola convivencia equilibrada e por políticas de vivenda de verdade co obxectivo de superar os 100.000 habitantes antes de 2027”.
O tamén deputado autonómico calificou de “chapuza” a regulación proposta pola maioría que representan PSOE, CA e BNG, destanando que “só vai beneficar a uns poucos e danar gravamente a todo o ecosistema turístico na cidade”. Xa que autorizar só as vivendas de uso turístico nas primeiras plantas dos edificios vai xerar unha “onda especulativa sobre os primeiros pisos, e polo tanto quen teña un primeiro piso terá un tesouro, porque o resto da cidade non vai poder ter vivendas de uso turístico”, sinalou Verea, e preguntouse “¿como se vai indemnizar ao resto dos propietarios? porque estamos xerando unha plusvalía tremenda sobre os propietarios de primeiros pisos”.
O certo é que os dirixentes actuáis xustificaron esta decisión nunha cuestión de ruidos e de malestar pero para Verea “se seguimos a súa lóxica, os pisos de estudantes deberían tamén de limitarse ás primeria plantas xa que tamén xeran este tipo de externalidades, é un despropósito”.
Con respecto á segunda medida adoptada no pleno de onte, o candidato á alcaldía afirmou que “roza xa o ridículo, xa que plantexan que durante 60 días calquera propietario poida facer que o seu piso sexa de uso turístico”, e alertou de que “o que pode ocorrer é que en xullo e agosto, durante 60 días, toda a cidade poda converterse nunha gran vivenda de uso turístico e polo tanto arrasar con todo o ecosistema turístico compostelano nos meses máis críticos”.
Verea lamentou que esté presenta o sentido común neste tipo de medidas, “non sabemos quen está aos mandos de Raxoi, pero a regulación das vivendas vacacionais requiren dun gran pacto e teñen que regularse dentro dunha estratexia integral onde hai que ter en conta moitos factores, barrios e zonas saturadas, limitacións para grandes propietarios e repartir entre todos a riqueza que xeran para mellorar a cidade”.
E denunciou que “en ningún momento houbo intención de diálogo, non queren escoitar, seguen encerrados na súa soberbia e nos seus despachos, estou convencido de que a cidade está tomando nota e en poucos meses os veciños decidirán se queren continuar con estas políticas caóticas e fracasadas”. “Nós seguimos traballando para conseguir esa maioría suficiente e empezar xa a construír entre todos esa Compostela do futuro”, insistiu Verea.