O Grupo Municipal Popular fará unha pregunta escrita para que o Goberno explique cal é o motivo para que se trasladen á cidade de Málaga tres membros do Goberno só para asistir á recepción programada dentro dos actos do Foro Greencities S-MOVING 2022, que se celebrará no Concello da capital da Costa do Sol.

Por todo isto, o Grupo Municipal Popular cree necesario que o Goberno Bugallo explique cal é o papel dos concelleiro e do alcalde nesta reunión; que gasto supón esta viaxe á capital malagueña e en que consiste a súa participación no caso de que vaian a intervir de forma activa neste foro.

Para os Populares, o Grupo de Goberno debería explicar claramente cal é o motivo polo que o alcalde Sánchez Bugallo ten que acudir acompañado dos tenentes de alcalde, Sindo Guinarte e Mercedes Rosón, cando no programa deste evento non aparece anunciada intervención algunha dos tres edís santiagueses, mentres si que se anuncia a participación efectiva da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.

En principio, parece que toda esta comitiva é totalmente innecesaria, sobre todo, cando na capital de Galicia existen numeroso problemas que están sen arranxar e non parece que sexa o momento oportuno para facer un despilfarro como este, cando na cidade temos numerosas empresas pequenas e autónomos que aínda están esperando que lle sexan aboadas as súas facturas; ou os problemas existentes coas becas para os comedores escolares.