O vicesecretario de Organización do populares composteláns, Adrián Villa, calificou de “indecente” o gasto de 700Mil euros do goberno de Bugallo no proxecto Smartiago, un proxecto que a día de hoxe, apuntou, “plantexa moitísimas más preguntas que solucións. Acompañado de varios membros de Novas Xeracións, Villa presentou SmarTIMO, “a réplica do que o Sr. Bugallo amosou a semana pasada a bombo e pratiño na praza do Obradoiro”.

Na súa intervención acusou a o goberno Bugallo de queimar os cartos dos composteláns nun “dispendio que como indicou o tenente alcalde, Sindo Guinarte, é un proxecto de innovación e non de contratación de suministro.
Villa plantexou ademais unha serie de cuestións: “non hai outras prioridades nesta cidade? Cantos SmarTIMO vai haber circulando polo noso casco histórico? Canta carga poderán levar? Cantos viaxes poderán realizar? Trasladaranse eles sós polas rúas de Santiago ou irá algunha persoa con eles? A qué horas circularán? Vai haber unha persoa que descargue nos comercios? Canto costará cada smarTIMO que este concello precise encargar? Qué custo terá este servicio para os comercios do casco histórico e hostalería?”

O vicesecretario de organización insistiu ademais en que o goberno de Bugallo non valorou o “impacto estético que este SmarTimo provocará na nosa cidade “. E engadiu que “nós temos claro que Santiago é unha cidade referente a nivel mundial, cidade patrimonio da humanidade, e cando aquí circulen ou veñan os turistas e tamén os propios veciños, e se atopen estes SmarTIMOS circulando polas nosas rúas, sabemos o que vai a pasar, nós temos a resposta, e é que Santiago vaise convertir nun MEME a nivel mundial”.

Ademais acusou a Bugallo de presentar este proxecto inacabado con fines electoralistas, “Bugallo xa declarou que se vai presentar e vai ser o candidato á alcaldía e polo tanto agora entráronlle as présas e está necesitado de facerse as fotos pertinentes”, “senón por qué non agardou a que estivese realmente acabado e non fose só un chasis?”, preguntouse Villa. E denunciou tamén o feito de que o alcalde e os dous tenentes alcaldes se desplazasen a Málaga a unha feira de mobilidade para presentar este “SmarTIMO”. “Hai alguén ao mando deste concello ou realmente este concello está a funcionar como funiconará este smartimo sen conductor e sen un rumbo claro?”, apuntou Adrián Villa.

Para Villa, este “SmarTIMO” non é mais que un novo exemplo da xestión municipal destes 3 anos e medio, o señor Bugallo está amortizado, non hai ideas, non hai proxectos, só hai desidia, pasotismo e erro tras erro”. Neste senso destacou que señor Bugallo non foi quen de facer nada nestes últimos 3 anos e medio en forma e prazo”, poñendo como exemplo Concheiros, a rúa do Hórreo ou o Pombal, “todas elas entregadas por fascículos”.

Así, insistiu, este “SmarTIMO non é máis que unha mostra e un exemplo da decepción e perda de confianza que o señor Bugallo esta a trasladar a esta cidade. Santiago leva 3 anos e medio estancado nunha situación de abandono total e con centos de prioridades para os nosos veciños que non se están a satisfacer, en cambio estase a despilfarrar case 700mil euros nun proxecto no que non cre ninguén”.