Borja Verea, candidato popular á Alcaldía de Santiago dos populares composteláns, respondeu ás declaracións de Sánchez Bugallo “dándolle a benvida a traballar a tope despois de catro anos acomodado en Raxoi e coa cidade paralizada e sen proxecto”, e subliñando “que é unha falta de respecto aos veciños que a poucos meses dunhas eleccións se poña a facer anuncios sen ter cumprido o seu programa electoral”. “Doulle a benvida a enteder o servizo público como traballar a tope, pero quizáis sexa xa tarde para el porque a xente leva catro anos tomando nota, e de traballar a tope pouco”, destacou Verea.

Esta resposta do candidato compostelán é consecuencia das declaracións de Sánchez Bugallo que dixo “que hai que poñerse a tope coa mobilidade na Senra, Praza de Galicia e Virxe da Cerca”, ao que Borja Verea respostou alertanto de “que estes anuncios parecen máis froito da desesperación ao ver que as contas xa non lles dan tan facilmente como antes, a pacificación e humanización de calquera zona da cidade require previamente unha solución de aparcamento para os vehículos”, apuntando que “levan anos quitando prazas de aparcamento do centro da cidade e dos barrios, e o único que conseguen é ter o tráfico máis colapsado que nunca, non foron quen de poñer en marcha ningunha solución de aparcamento seria e solvente neste mandato”.“No caso de conseguir a confianza dos veciños e gobernar a partir da primavera de 2023, contruiremos como mínimo dous aparcadoiros, un subterráneo na zona do Campus Sur con 500 prazas, e outro na contorna da Praza de Abastos, con tarifas públicas e reducidas e co obxectivo de eliminar os vehículos do centro”, destacou Verea, “unha Compostela máis humana, máis amable e máis familiar non se consigue prohibindo o uso do coche, iso é non coñecer Santiago, é necesario dar solucións de aparcadoiro e ademais un transporte público moderno, a partir de aí as peonalizacións xa veñen solas” concluíndo que “todo o contrario que leva facendo este goberno municipal”. “Fronte a un goberno cansado, sen ganas e aburrido, imos seguir traballando para levar a Santiago ao século XXI”, rematou o popular.