O Grupo Municipal Popular, a través do seu vicevoceiro Ramón Quiroga, vén de reiterar unha solicitude de informaciónante o Goberno local, na que lle reclama a relación das facturas pendentes de pagamento no Concello, unha información que se lle está ocultar desde que, no mes de abril, se presentara a primeira solicitude e unha segunda a inicios o pasado mes de setembro.
O concelleiro Popular remarca que “sen dúbida, esta falta de transparencia trata de agachar a pésima xestión do Goberno Bugallo tamén nesta materia, situación da que dan conta os datos que periodicamente publica o Ministerio de Facenda, que sitúan ao Concello de Santiago como a cidade galega con maior importe de facturas pendentes”. “As facturas sen aboar chegan a un importe superior aos 10 millóns de euros, o que case duplica as cantidades das cidades de Vigo e ACoruña”, engadiu.
Segundo os últimos datos publicados, referidos ao mes de xullo, o Concello de Santiago está a tardar unha media de 73 días para pagar os seus recibos, cando a Lei marca que as administracións públicas non deben exceder dos 30 días. Así, ovolume dos importes pendentes aproxímase ao récord establecido polo Concello en xuño, cando se acadaron os 11,7 millóns de euros, moi lonxe dos 3,3 millóns de euros que se debían en xullo de 2021.
O maior importe pendente de pago das cidades galegas
As cifras da capital de Galicia contrastan coas das outras grandes cidades de Galicia que, segundo os últimos datos dispoñibles, os importes pendentes de todas as cidades de Galicia están moi por debaixo dos 10,1 millóns de euros de Santiago: A Coruña e Vigo sitúanse nos 5,8 millóns de euros; Ferrol nos 3,3; e Pontevedra nos 2,9, só Ourense se aproxima a Santiago, con 8,6 millóns de euros.
Se falamos do Período Medio de Pagamento (PMP), Santiago é a segunda cidade con maior demora ao superar os 73 días, só superada polo Concello de Ourense (110 días) e a gran distancia de todas as demais, agás A Coruña quen por escasa marxe (31,4 días) cumpre co prazo de 30 días establecidos. Ao longo dos 37 meses transcorridos neste mandato, só en 5 meses o Concello de Santiago pagou conforme á Lei.
Segundo Ramón Quiroga, “o incumprimento do prazo legal no pago afecta ao tecido empresarial e comercial, cada pasomáis afectado por subas e restricións que condicionan o seu mantemento e recuperación, mentres contempla como oConcello -a pesar da súa boa situación económica, con 52 millóns de euros nos bancos ao rematar 2021- non corrixe a súa pésima xestión de pagos, o que vai contra a eficacia doutras medidas que se están a implantar como as axudas e osbonos.”