O Grupo Municipal Popular denunciou a “cara oculta” do Goberno localderivada do estudo do balance económico do ano 2021. O vicevoceiro Popular, Ramón Quiroga, sinalou que é necesario que a veciñanza sexa consciente de como o Goberno Bugallo xestiona realmente os ingresos derivados dos impostos que pagan os veciños e que o Grupo de Goberno se nega a baixar de forma sistemática, a pesar de que o Grupo Popular pídeo de maneira sistemática. 

Entre as facturas que levan entre un e case dous anos sen abonar atopamos colonias, gasóleo, gel de ducha ou “bodymilk”, entre outras.

Ramón Quiroga reitera que as únicas melloras que se teñen visto na cidade son a conta do traballo da Administración autonómica e que son positivos para a cidade, pero se miramos a política de Goberno local, do balance do ano 2021, chama poderosamente a atención un primeiro dato que é o ano rematou con 51 millóns de euros nos bancos, mentres, como insistimos, se nega a baixar os impostos, con estas cifras sabemos que o alcalde só hai un alcalde nas cidades de Galicia que paga peor que Bugallo  ese non é outro que o alcalde de Ourense, Pérez Jácome.

Este dato é un claro exemplo da nefasta política do Goberno Bugallo, posto que o primeiro que miraría un cidadán ao rematar un ano é como están as súas contas correntes, valeiras ou cheas, para así ver como programa a súa vida diaria, pero o Concello Bugallo o que amosa é que os ingresos que obtén dos impostos da veciñanza rematan nos bancos, que son os grandes beneficiarios desta lexislatura; e, consecuentemente, non se transforman en melloras de servizos para a cidadanía.

Na súa intervención, Quiroga Limia subliñou que o máis relevante e preocupante da xestión insolvente de Bugallo é que tendo 51 millóns nos bancos ao mesmo tempo debe 10 millóns aos autónomos, profesionais e pemes.

Esta situación supón un grave problema de transparencia, denunciada fai uns días, xa que por unha banda, se nega a entregar aos grupos da oposición as facturas impagadas existentes no Concello e , ao mesmo tempo, non paga aos provedores e, se fora pouco, acumula unha riqueza nos bancos nunca vista no Concello, 51 millóns. Se este dato xa é máis que preocupante, o resto dos números amosan una “sesión continúa” do que no ano anterior denominouse como un autentico “manual de desxestión no Concello” ao estar presidido por multitude de legalidade da Intervención Municipal, superávits excesivos etc.

Excesivo “beneficio” obtido polo Concello

Ramón Quiroga destacou novamente o excesivo “beneficio” obtido polo Concello a través dun tamén desproporcionado superávit que superou os 23 millóns de euros, e que xunto co do ano anterior, sitúan o total de superávits acumulados xestionados na lexislatura do Concello en 62 millóns de euros.

Así mesmo, hai que subliñar que o Goberno municipal só executou o 20% dos investimentos proxectados, sendo que de 42,7 millóns de euros que tiña para facer investimentos, só foi capaz de executar 8,9 millóns de euros, o que supón que 8 de cada 10 euros quedaron nos bancos.

Ramón Quiroga tamén subliñou que continúa a ser preocupante o que se está a converter nun clásico do Goberno local, non pagar en prazo aos profesionais, autónomos e empresas, as famosas “facturas no caixón”, xa que, practicamente, incumpriu os prazos legais en todo o mandato, o que está supoñer problemas de liquidez as empresas.

En conclusión, o vicevoceiro Popular sinalou que continúan as prácticas financeiras preocupantes dende que se iniciou a lexislatura que amosan a “cara oculta do Goberno local”, polo que é necesario que a veciñanza coñeza como se gastan os seus impostos.