Borja Verea, candidato á Alcaldía de Santiago polo PP, destacou en relación á actual situación do transporte público na cidade que “os autobuses son cada día máis vellos, con máis problemas e con sustos importantes como o incendio en Arins, o accidente en San Roque ou as avarías que se ven case a diario”. “A imaxe que se está transmitindo aos cidadáns é lamentable con autobuses tirados nas cunetas día si e día tamén, con portas que non pechan, con pingueiras dentro dos buses, os veciños non merecemos un transporte do século pasado, para algo pagamos os nosos importos”, lembrou Verea.
Así afirmou que “Santiago o que merece é un transporte público digno e moderno e o que non merece é ter un dirixente, o actual alcalde, que prometeu nas eleccións do 2019 que iamos ter uns autobuses novos e remata o mandado e non é que esteamos igual, senon que estamos peor”.
Neste senso, Verea salientou que “estamos xa nun entorno de promesas como o propio Restollal ou a Virxe da Cerca que Bugallo acaba de anunciar a bombo e prato como obras estrela” pero lembrou que “son exactamente as mesmas que viñan prometendo no 2019, volven a replicar esas promesas agora cando xa teñen a credibilidade completamente liquidada”O candidato Álcadía Borja Verea insistiu en que “temos claro que Santiago se merece un servizo de transporte publico digno e moderno. Temos que ser referentes a nivel mundial, somos unha capital que recibe moitisimos visitantes”. Así, engadiu “os nosos buses teñen que ser modernos e de última xeración” e cuestionou os horarios do servizo porque “hai cousas que son de sentido común: como pode ser que ás 22:00-22:30 remate o servizo de autobuses con toda esa xente que remata a súa xornada ás 21:00-21:30?”. “E é que deste xeito estás obligando a que collan o vehículo”, lamentou Verea, “algo que vai en contra do modelo polo que nós apostamos, que é o de eliminar precisamente os coches das nosas rúas, e apostar por unha cidade máis amable, máis familiar e más humana.
Para o líder popular “o Santiago que imos construír vai nesa liña, necesitamos sendas ciclistas e peonís, e aparcadoiros para toda a xente que precisa deixar o seu vehículo e polo tanto gozar da cidade, e, por suposto, un transporte público digno e moderno”.