Borja Verea, candidato á alcaldía do Partido Popular, mantivo, estes días, unha xuntanza coa veciñanza de Amio co fin de coñecer, de primeira man, as necesidades desta zona. Esta reunión inclúese dentro dos distintos encontros que está a manter, desde hai máis de dous anos, cos veciños de Santiago.

Durante a visita, os máis de 20 veciños congregados explicáronlle que levan moito tempo denunciando que no seu barrio aínda existen tubarias que “son tóxicas” e que o Bugallo lles prometeu que as ía cambiar por outras que “garantan un servizo saudable e propio do século XXI, pero a realidade é que, pasados catro anos de mandato, nada fixo”, e os veciños se ven na obriga de empregar unha auga que non está en condicións óptimas para o seu consumo.

Tampouco son os habitantes composteláns de Amio alleos aos problemas de alcantarillado, concretamente, desde a rúa de Mira ata Mallou, unha infraestrutura que rebenta cada dous por tres, o que trae como consecuencia que se queden sen auga para as súas vivendas e os seus negocios e que a estrada está chea de parches, por andar levantando a vía para arranxar os desperfectos.

Para o candidato á Alcaldía Borja Verea, resulta inadmisible que, a só tres quilómetros da praza do Obradoiro, uns veciños da capital de Galicia estean a sufrir situacións propias doutros tempos e que Bugallo sexa incapaz de solucionar, a pesar de ter pasado case un mandato e andar presumindo do moito que coñece Santiago e os seus problemas.

Centrado en insultar e poñer desculpas de mal pagado, Sánchez Bugallo segue sen proporcionarlles beirarrúas aos veciños desta zona, a pesar de que contan cunha estrada moi estreita e onde existe tamén moito movemento de tráfico, sobre todo, cara As Cancelas ou cara o polígono do Tambre”, remarcou Borja Verea.

O candidato Popular considera que xa está ben de se rir da veciñanza e ignorar as súas carencias, mantendo un barrio co cableado todo ao aire, con saltos de luz cada pouco; sen control dos vehículos que transitan a grandes velocidades, por estradas que se atopan nun estado lamentable; e cun parque infantil que leva moitos anos sen que se renoven os seus elementos e se modernice o espazo, entre outras necesidades.

Verea Fraiz insistiu en que xa é o momento de cambiar esta maneira de xestionar a cidade, non se pode ir polas distintas parroquias e barrios de Santiago vendo como a veciñanza está farta de pedir cousas necesarias e non obter resposta, xa que á hora de pagar impostos Bugallo non fai distincións e lles toca pagar igual que os cidadáns que teñen todos os servizos. 

Así, insistiu en que, a partir da primavera do 2023, se os veciños queren e lle outorgan esa gran maioría, levará a Santiago e aos seus veciños ao século XXI, onde sempre deberon estar.