Borja Verea, candidato á Alcaldía de Santiago polo PP, mantivo unha reunión con membros da Real Sociedade Económica de Amigos del País da cidade de Santiago (RSEAPS), na que analizaron polo miúdo a situación económica de Compostela.
Para Verea Santiago necesita atraer novos inversores que confíen nosa cidade, e para iso temos que facilitarlles os trámites para que podan instalarlse aquí. “Non pode ser que estean dous anos agardando por unha licencia ou que o único que atopen son trabas e retrasos á hora de presentar a documentación”, sinalou o líder popular.
Así o candidato á Alcaldía anunciou a creación dunha oficina que mellore a regulación económica e de comunicción de obstáculos e barreiras á actividade empresarial. “A inestabilidade actual no sector empresarial require dunha xestión eficaz por parte do concello e, como xa veñen desmostrando durante estes 4 anos, Bugallo non están capacidado para levala a cabo”.
Verea fixo fincapé na necesidade de crear un ámbito favorable que acelere e consolide a implatación de novos emprendedores en Santiago, “para iso crearei a Oficina SantiagoInviste, que permitirá captar investimentos de fora e facilitará aos inversores interesados en crear emprego e negocio en Santiago o seu aterrizaxe na cidade.
Ademais incidiu en que é imprescindible a eliminación de licenzas e trámites innecesarios, “o concello debe estar ao servizo dos veciños e dos autónomos e pequenas empresas, e non ao revés, entorpecendo as xestións diarias”, concluíu o candidato á Alcaldía Borja Verea.