Desde hai xa un tempo, son numerosas as queixas da veciñanza sobre o estado e control de usos dos distintos parques públicos da cidade, por parte dos responsables nesta materia do Goberno Bugallo, pero como nesta e outras moitas materias, o desleixo e o descontrol son os protagonistas. 

Por elo, o  vicevoceiro do Grupo Municipal Popular, Ramón Quiroga, preguntaralle a Grupo de Goberno no vindeiro Pleno ordinario sobre cales son as medidas se están a desenvolver nos distintos parques públicos, co fin de evitar as concentracións nocturnas con consumo de bebidas, sobre o control de accesos e a vixilancia policial en cada un deses espazos.

Quiroga Limia destaca que xa non só chegan queixas de veciños, senón que, desde hai varias semanas, os medios informativos veñen dando conta da reunión de moitas persoas en distintos parques públicos da cidade pola noite, procedendo ao consumo de bebidas e provocando ruídos, como no Parque de Ramírez, a rúa Loureiros ou na Alameda, por citar algún exemplos.

Cabe destacar que algúns destes espazos públicos están dotados de peches nos seus accesos co fin de evitar este tipo de concentracións en horario nocturno, pero a realidade é que nada de isto disuade para que non se produzan ditas concentracións de xente, nin se constatan tampouco accións de vixilancia policial que impidan ou disuadan a participación nestas accións, sobre todo nas fins de semana e vésperas de festivos. Unhas acción que, como é sabido, contraveñen a ordenanza municipal de convivencia.