O Grupo Municipal Popular, a través do seu voceiro José Antonio Constenla, reclámalle ao Goberno Bugallo que permita una “parada express” nas inmediacións da Escola Infantil Municipal de Conxo, co fin de que se podan deixar ás nenas e os nenos no centro, sobre todo, nos días de mal tempo, xa que a actual zona de aparcamento atópase distanciada da escola, o que prexudica, sobre todo, ás familias que teñen que deixar varias crianzas ou incluso nenos que aínda non andan.
Durante os últimos meses, están a ser varias as queixas das nais e pais dos pequenos usuarios deste centro educativo, ubicado na praza Aurelio Aguirre, ao ser multados de forma reiterada cando deixaban as súas crianzas, sobre todo, nos días de vento e choiva.
O Popular considera que o Goberno local debe mostrar algo de sensibilidade e establecer, co correspondente límite temporal, un espazo de aparcamento a fin de que as familias poidan deixar ou recoller ás crianzas que acoden ao citado centro escolar municipal, tendo en conta que hai espazo suficiente, sen prexudicar nin a peóns nin aos vehículos que transiten por esta zona.
José Antonio Constenla subliña que as familias levan tempo intentando falar cos responsables do Concello para tratar esta situación pero, como en outros moitos casos, estas peticións non son atendidas, polo que continúan sen ter solución a unha problemática que é sinxela de arranxar.
O voceiro Popular considera que a dita reserva non prexudicaría en modo ningún á fluidez do tráfico máis do que afecta o réxime ordinario de estacionamento, nin tería por que afectar á seguridade. Ademais, son varios os centros de ensino ou as escolas infantís que dispoñen dun espazo acoutado máis preto do centro, co fin de que nais e pais podan facer unha “parada express”.