Borja Verea, candidato á Alcaldía de Santiago polo PP, participou hoxe no Día da Infancia, acto organizado polo PPdG no que tamén estiveron presentes o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; a secretaria xeral do PPdG, Paula Prado; e o vicesecretario de organización do PP, Miguel Tellado.

Na súa intervención, Verea insistiu nunha idea “que teño clara desde o primeiro momento no que asumín esta reponsabilidade, e é que eu quero un Santiago máis amable, máis familiar, e un Santiago más humano”.

Ademais, o candidato popular á Alcaldía de Santiago, lembrou que o primeiro anuncio que fixo, “que quizáis non sexa o máis mediático nin abra portadas de xornais”, foi o da creación desa Área de Familia a partir de Maio se “conseguimos a maioría suficiente”, que dependerá directamente de Alcaldía. Unha área transversal, que chegará a todos os departamentos, onde calquera iniciativa que se desenvolva en Santiago terá que estar deseñada en clave de Familia.

Verea fixo tamén fincapé na posta en marcha, nos primeiros meses de goberno, dunha rede pública de cociñas escolares, con convenios “coa nosa praza de abastos, co noso comercio de proximidade, para darlle aos nosos nenos esa calidade que necesitan”. Nesa mesma liña abogou polo deporte como base das actividades extraescolares, “o deporte tamén é escola, é convivencia, por iso será unha peza fundamental nas actividades extraescolares cunha coordinación cos clubes deportivos.

O tamén deputado autonómico recoñeceu que ten un compromiso personal coa infancia, posto que ten 3 fillos, e “os que somos pais e nais sabemos que non hai nada máis importante que a paternidade, o resto é accesorio”, sinalou Verea.