O candidato á Alcaldía de Santiago polo PP, Borja Verea, mantivo unha reunión coa directiva da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre para analizar o estado no que se atopa o sector empresarial en Santiago.

Durante a xuntanza saíron á luz temas tan importantes como a ausencia de liña de autobús ao polígono, cando recibe a diario 35.000 vehículos tan só pola entrada principal. “É inconcebible que o transporte urbano da Santiago non dea servizo ao centro empresarial e industrial da cidade, isto atenta contra calquera política de alivio de tráfico e humanización”, salientou Verea.

Para o líder popular, “as administracións locais deberían favorecer a vida da cidade e agora mesmo esto non ocorre en Santiago, onde todo son trabas para novos inversores aos que terminan botando a concellos limítrofes”, apuntou. Neste senso Verea aposta por axilixar trámites administrativos coa eliminación de licenzas e supresión de plazos innecesarios, xa que “agora mesmo temos ante nós un problema endémico que causa un gran malestar nos veciños, con retrasos inxustificables na concesión de licenzas e permisos no concello de Santiago, un colapso administrativo que dana tamén o tecido económico e retrasa e imposibilita moitos investimentos”, lamentou o candidato á Alcaldía. Así afirmou que, a partir da primavera de 2023, “se os veciños me dan a súa confianza, o concello de Santiago se convertirá nunha administración do século XXI, ao servizo da cidadanía, unha administració que responda e solucione, cunha xestión dirixida á veciñanza, onde a eficacia e a eficiencia sexan os sinais de identidade”.

Ademais no encontro salientaron tamén os problemas de iluminación e limpeza que hai no polígono así como a falta dunha escola infantil con prioridade para os traballadores do Tambre.

Verea trasladoulles o seu compromiso co sector industrial e empresarial da cidade e comprometeuse a converter Santiago nun referente para inversores e empresas.