Borja Verea, candidato á Alcaldía de Santiago polo PP, mantivo un encontro con veciños de Lavacolla por mor da modificación do Plan Especial que o goberno socialista quere levar a cabo nesa zona sen teren consultado previamente cos afectados.

Para Verea Fraiz, unha decisión desta envergadura non debería notificarse aos veciños a través dunha carta, “é un despropósito presentar esa modificación que supón un prexuízo para os afectados sen escoitalos antes, outra mostra máis da forma de actuar deste goberno, que pasa o rodillo como se tivese unha maioría coa que non conta e ignorando as necesidades dos veciños, aos que a última vez que escoitou foi na anterior campaña electoral”, e anunciou que “nós non imos apoiar esta proposta do goberno socialista”.

O candidato á Alcaldía salientou que debemos coidar e preservar o noso patrimonio, pero o primeiro son as persoas, “o actual goberno socialista empezou con estas políticas de prohibicións no Casco Histórico que levaron ao corazón de Santiago a unha situación de asfixia e abandono e fuxida de veciños”, e insistiu, “agora pretenden facer o mesmo no rural, é inadmisible este tipo de accións que o único que conseguen é botar aos composteláns do seu concello”. E é que esta modifición do Plan Especial trae consigo unha moratoria de 2 anos, na que os veciños non poderán levar a cabo ningún tipo de obra nas súas casas. Así denunciou que “necesitamos con urxencia un plan de usos actualizado que permita fixar poboación e que os servizos públicos dos veciños non sexan do século pasado”.

Hai 20 anos os veciños de Lavacolla pedían saneamento e alumeado e hoxe en día seguen a pedir o mesmo, “é unha tomadura de pelo que os servizos básicos continúen sen cubrirse pero o goberno socialista se preocupe do feísmo nas casas da zona”, destacou Verea, quen lembrou que neste últimos 4 anos “non se levou a cabo ningún investimento nesta parroquia” e agora a 6 meses das eleccións, anuncian inversións “coas que nin os propios veciños están dacordo”. Nese senso o tamén deputado autonómico salientou que “necesitamos con urxencia un plan de usos actualizado

No encontro os veciños transmitiron ao candidato popular á Alcaldía o seu malestar por “estar olvidados polo equipo de goberno”, e é que apuntan que o concello “non pensa nada nos que vivimos aquí”.