Borja Verea, candidato á alcaldía do Partido Popular, pediulle hoxe ao alcalde socialista que “deixe de facer o ridículo e, sobre todo, que deixe esa soberbia de falar polos 26.000 veciños do Ensanche”, en relación á parcela Peleteiro. 

Verea Fraiz asegura que serán “eses 26.000 veciños os que van a decidir nas eleccións de maio que queren facer na parcela de Peleteiro” e remarca que “hai dúas opcións claras sobre a mesa, as dúas lexítimas, unha a do partido socialista e os seus aliados, que apostan por pisos de luxo, ladrillo, polo pelotazo e polas políticas de hai 20 anos, o que leva a este esperpento, a non chegar a un acordo de que ata que punto chega este pelotazo urbanístico, se teñen que ser máis ou menos pisos”.

“Fronte a isto está a outra proposta que é a nosa, que é transparente, clara, firme e solvente, a cal levamos defendendo os últimos dous anos, que é a de recuperar o solar de Peleteiro para a xente, para que eses 26.000 veciños poidan desfrutar de servizos que hoxe non teñen”

Borja Verea destaca que a proposta Popular pasa por incluír unha residencia de maiores; un centro de día; parques infantís e zonas deportivas; ximnasio público; unha piscina climatizada e sala multiusos, ademais de espazos abertos e praza pública”.

O candidato do Partido Popular subliña que “son dúas opcións que están sobre a mesa e que, de xeito lexítimo, estes 26.000 veciños poderán escoller a partir das eleccións de maio o futuro da parcela Peleteiro”.