Borja Verea, candidato á Alcaldía de Santiago, reuniuse con empresarios na Cámara de Comercio para trasladarlles o seu total apoio, “demostreino xa cando estaba na Consellería e vóuvolo seguir demostrando se consigo a maioría suficiente nas eleccións municipais de 2023”, sinalou.

No encontro, Verea manifestou a súa intención de que Compostela recupere esa ambición de ser referente internacional, e por “iso quero ser alcalde de Santiago, porque é a figura que ten máis capacidade de transformación dunha cidade”.

O candidato á Alcaldía de Santiago aproveitou para explicar cales serán os piares do seu proxecto económico de goberno.  Así, sinalou que aposta por axilizar trámites administrativos coa eliminación de licenzas e supresión de plazos innecesarios, xa que “agora mesmo temos ante nós un problema endémico que causa un gran malestar nos veciños, con retrasos inxustificables na concesión de licenzas e permisos no concello de Santiago, un colapso administrativo que dana tamén o tecido económico e retrasa e imposibilita moitos investimentos”, lamentou Verea. Así afirmou que, a partir da primavera de 2023, “se os veciños me dan a súa confianza, o concello de Santiago se convertirá nunha administración do século XXI, ao servizo da cidadanía, unha administración que responda e solucione, cunha xestión dirixida á veciñanza, onde a eficacia e a eficiencia sexan os sinais de identidade”.

Verea deixou claro que Santiago necesita un revulsivo e para iso “debemos estar ao carón dos emprendedores e non poñéndolles paos nas rodas, ao fin e ao cabo todos sabemos que o que queren é que os molesten o menos posible e lles deixen traballar”. Pero para iso fai falla unha “xestión rigorosa e seria”, engadiu o tamén deputado autonómico, “con políticas que faciliten o día a día dos que estean dispostos a investir na nosa cidade, a través da Oficina SantiagoInviste, que tamén tera o obxectivo de saír aí fóra en busca de inversores que poidan traer riqueza á cidade”. Será unha oficina que mellore a regulación económica e de comunicación de obstáculos e barreiras á actividade empresarial. “A inestabilidade actual no sector empresarial require dunha xestión eficaz por parte do concello e, como xa veñen desmostrando durante estes 4 anos, Bugallo non están capacidado para levala a cabo”.

Verea fixo fincapé na necesidade de crear un ámbito favorable que acelere e consolide a implatación de novos emprendedores en Santiago, “para iso crearei a Oficina SantiagoInviste, que permitirá captar investimentos de fóra e facilitará aos inversores interesados en crear emprego e negocio en Santiago o seu aterrizaxe na cidade”.