Borja Verea, candidato á Alcaldía de Santiago polo PP, mantivo onte unha reunión con representantes da Asociación “Conxo Aberto”, onde lle expuxeron as demandas do barrio. Esta xuntanza inclúese dentro dos distintos encontros que está a manter, desde hai máis de dous anos, cos veciños de Santiago.

Para Verea, o concello de Santiago ten “unha débeda pendente con Conxo tras quedar o barrio partido á metade por mor do periférico”. Así a única solución aceptable para o candidato á Alcaldía pasa por “cubrir a rotonda e humanizar a zona de maneira que esa barreira que existe agora mesmo entre as dúas partes do barrio desapareza”. 

O tamén deputado autonómico amosou o seu apoio no que ás festas se refire, “ter xente activa que tire polos demais e invirta o seu tempo libre en organizar as festas para todos os veciños é unha maneira de facer barrio, que desde o concello debería valorarse doutro xeito”, sinalou, “así tanto as asociacións de veciños como as de festas deberían ter máis respaldo do goberno local, e poñer menos trabas a unha xente que o que quere é mellorar a súa cidade”, engadiu Verea.

Outro tema a tratar foi a senda peonil e ciclista que Verea, a través do Parlamento de Galicia, demandou á Consellería de Infraestructuras. Unha senda que tanto  Verea como os veciños calificaron de “necesaria” e que suporá “un antes e un despois na movilidade da cidade”. 

Para o líder popular, Conxo, cunha identidade propia moi marcada, “ten necesidades que agora mesmo non se están a atender, como pode ser a amplicación do Centro Sociocultural ou o novo Centro de Saúde, asuntos que, se os veciños me dan a maioría suficiente nas vindeiras eleccións, liderarei desde o goberno”. Así, Verea propuxo como posible solución para o problema do Centro de Saúde o seu traslado ás instalacións do Psiquiátrico de Conxo, “proposta que defenderei onde faga falta se os veciños están de acordo”.

Por outra banda, Borja Verea tamén se comprometeu a falar coa Xunta para que, nas inmediacións do centro sociocultural “Aurelio Aguirre”, se proceda a cambiar as varandas por outras máis axeitadas.

O candidato Popular, comprobou ademais que no barrio de Conxo repítese o mesmo escenario que no resto da cidade, onde a veciñanza está a sufrir as consecuencias de catro anos baleiros, cun Goberno socialista incapaz de solucionar os problemas cando non é engadindo outros a maiores.