O voceiro Popular, José Antonio Constenla, suxírelle ao concelleiro e portavoz socialista no Concello de Santiago, Sindo Guinarte, que se informe ben do que esta a facer o seu Grupo, antes de saír a defender como un “hooligan” as situacións “irregulares que se están coñecendo nos últimos días”.
Constenla Ramos subliña que mentres os membros do Goberno saen facendo declaracións que “rozan o ridículo e a faltan á verdade”, o Partido Popular, das mans do seu candidato que, co apoio da veciñanza, será alcalde de Santiago de Compostela a partir de maio, Borja Verea, preocúpase de traballar polo futuro de Santiago e por dar a coñecer propostas que melloran a calidade de vida da veciñanza compostelá e que situarán á capital de Galicia no posto que merece.
Así mesmo, o voceiro Popular aconsella ao concelleiro Guinarte que medite as súas declaracións, sobre todo, tendo en con que hai un par de días saíu en todos os medios de comunicación a defender, con falsidades, unha situación que se está a demostrar é, como pouco irregular.
José Antonio Constenla tamén lle reitera ao alcalde socialista que aclare, de forma inmediata, todas as incógnitas que aínda existen sobre o aluguer dun inmoble a membros do PSOE, por parte do ex concelleiro de Medio Rural, Xosé Manuel Pichel.
O Popular lembra que o Goberno socialista deberá aclarar cuestións que, a día de hoxe, non teñen resposta e que apuntan directamente ao alcalde, como se houbo ou non enriquecemento persoal; xa que hai que saber que valor tiñan as participacións de Pichel en Desproi S.L;. cando se desfixo delas, se o fixo; a quen lle foron outorgadas e por canto. Ademais de por que a Concellería de Parques e Xardíns, da que é titular a concelleira Mila Castro, propuxo esta instalación sen concurso público, quen llo indicou, quen as validou; e se non había outras oficinas en toda a cidade.
Tamén é necesario aclarar que vai pasar con este contrato, que ata o de agora xa encheu os petos dos “amigos do Goberno socialista”, pero que segue en vigor, polo que a cantidade “recadada” neste momento que chega a máis de 90.000 euros, se verá multiplicada co paso dos meses, isto tamén debe ser explicado polo alcalde socialista.