O Partido Popular, a través do voceiro José Antonio Constenla, denuncia a falta de transparencia do Goberno socialista ao negarse a concelleira responsable do contrato de alugueiro do inmoble no parque empresarial da Sionlla para servizos municipais, Mila Castro, a comparecer no Pleno ordinario que se celebra mañá xoves, día 26. Os Populares remarcan que o alcalde socialista tomou a decisión de non admitir dita solicitude e aprazar a comparecencia da concelleira para o Pleno do mes de febreiro.

Con esta actitude, a concelleira segue sen responder e continúa agachándose cando é a responsable principal da contratación da nave e nada sabemos de por que Mila Castro propuxo unicamente a nave propiedade Pichel?; indicoullo alguén? e, se foi así, quen foi e por que o fixo?”.

Así mesmo, queda patente que o alcalde faltou a verdade cando se comprometeu a dar todas as explicacións posibles neste Pleno e agora, ás costas da veciñanza, négase a que esta concelleira explique ante toda a cidadanía o que ten acontecido con este contrato.

José Antonio Constenla remarca que “con esta actitude queda patente que o Goberno socialista nin da información nin quere dala”. O alcalde e o seu Goberno son responsables do espectáculo lamentable que se está a producir na cidade, xa que o único demostrado ata o de agora é que un Goberno de Bugallo aluga unha nave que é propiedade dun dos seus concelleiros a dedo, sen concurso público a pesar da advertencia da Intervención Municipal”.

“Total falta de transparencia e opacidade” do Goberno socialista

Os Populares subliñan tamén a “total opacidade” e falta de transparencia do Goberno socialista ao negar o acceso aos expedientes do aluguer dunha nave por parte do ex concelleiro, Xosé Manuel Pichel, e ante a falta de respostas e as mentiras repetidas, unha e outra vez nestes días, por parte do alcalde Bugallo.

José Antonio Constenla explica que se solicitou distinta documentación, entre ela o informe do secretario do Concello sobre a documentación entregada por Xosé Manuel Pichel a este e tamén o expediente de contratación da nave alugada, pero a realidade é que, día de hoxe, nada se sabe desta información.