O Partido Popular, a través do voceiro municipal José Antonio Constenla, denunciou hoxe, en rolda de prensa, que o Goberno socialista, co actual alcalde Bugallo ao mando, prorrogou unha licenza de obra que xa estaba caducada á empresa Desproi en pleno traspaso de poderes do ano 2011, cando xa era oficial que o partido socialista non ía a seguir gobernando na cidade de Santiago.

Tal como aparece na documentación á que tivo acceso o Partido Popular, a licencia inicial solicitouse o 18 de febreiro do ano 2008, mentres gobernaba o alcalde Bugallo, como a empresa non foi quen de rematar as obras en tempo, é dicir, nos dous anos e seis meses que lle correspondía, o Goberno socialista tomou a decisión a sabiendas de ampliala o día 14 de xuño de 2011, cando xa dita licencia estaba caducada e tiña que ser renovada, ademais de ter que realizarse os pagos que son necesarios.

Con todo isto, o alcalde volve a faltar á verdade ao explicar o alugueiro dunha nave á empresa propiedade do ex concelleiro Xosé Manuel Pichel no parque empresarial da Sionlla para servizos municipais, xa que cando ofrece datos nas súas pasadas comparecencias, afirma que a licencia era do 2012, o que non é certo. Ademais, o Popular remarcou que “algo que resulta incomprensible é que o contrato o fixera a empresa beneficiada, en vez de facelo a Administración local”, destacou. 

Preguntas sen resposta

O voceiro Popular subliñou que, neste momento, hai moitas preguntas sen resposta como: por que non se comproba se a empresa estaba ao corrente de pago coa Administración?, sabían si tiña a licencia de actividade?, por que as datas de contrato non cadran?, por que non comprobaron de quen era a propiedade?, ninguén se deu conta do que estaba a acontecer? ou quen foi o responsable de facer todos estes trámites?, entre outras.

Constenla tacha a situación de “obscenidade político-administrativa, o que semella unha total falta de sentido da responsabilidade” e reiterou que, cada vez, “estamos  máis convencidos que isto atende ao interese socialista e non ao interese social”, xa que o Goberno local segue sen explicar aos composteláns que pasa con este contrato e por que suma tantas irregularidades.

O Popular felicitouse de que o resto dos partidos da oposición, CA e BNG, se unisen á proposta do candidato á alcaldía do Partido Popular, Borja Verea, para pedirlle ao Goberno socialista que se deixe de dar voltas e, dunha vez por todas, ofreza as explicacións que merece a corporación e por tanto a veciñanza santiaguesa e dea a coñecer o expediente completo, xa que logo de varias semanas seguimos esperando por el.