Borja Verea, candidato á alcaldía do Partido Popular, asegura que “é necesario levar a Santiago xa ao século XXI e deixar de perder oportunidades tamén no eido cultural”, polo que considera que, “para dito avance, Compostela precisa da creación de figuras como un Foro de Coordinación de axentes culturais e unha Axenda Cultural Única para a cidade”. O Popular presentou estas iniciativas nunha nova reunión que se celebrou onte, dentro do ciclo de conversas #SoñarSantiago con entidades culturais.
Verea Fraiz, que estivo acompañado por Mercedes Corbillón, fundadora da librería Cronopios, e por Iván Arias, director de Wos Festival, ademais de por representantes dos distintos colectivos culturais da cidade, insiste en que “a vitalidade brutal que tiña Santiago nos anos 90 se perdeu e a realidade é que toda esa enerxía podería canalizarse doutro xeito”, co que subliña que, de chegar a ser alcalde, “o seu obxectivo é que Compostela volva a liderar os movementos culturais de vangarda e que volva a ser epicentro cultural” .
Borja Verea remarca en que “hai que ter en conta o talento local, mirado desde dous puntos de vista, por un lado os axentes culturais composteláns, os programadores, e, por outra banda, os propios creadores locais, xa que son os que coñecen e senten a cidade, os que teñen paixón por Compostela e os que deben ter un auténtico papel protagonista, por iso propoñemos a creación dese Foro de Coordinación de axentes culturais locais, que estean obrigados a sentarse, discutir e facer propostas en materia de calendarización e, entre todos, ter a intelixencia de deseñar e ocupar o calendario cultural da cidade co obxectivo de obter un circuíto estable e de primeiro nivel”.
“Isto, despois, ten que ser reflectilo nesa Axenda Cultural Única que estea a deposición de todos os veciños e visitantes, para que calquera cidadán que chegue a Compostela poda ver claro que é o que vai a pasar culturalmente nese día e a calquera hora”, subliñou.
O candidato Popular aclarou que “o alcalde ten que ter humildade e deixar que os expertos podan plantexar as ideas que consideran esenciais, sen esquecer que ten que ser el o que, no último paso, tome a decisión de cal vai a ser a súa política cultural”.
Para o Popular, “ non se fai tan necesaria a especialización cultural porque, hoxe en día, hai que ter as portas abertas, xa que o mundo globalizado é moi dinámico, co que non sería produtivo especializarnos en ámbitos concretos, senón que hai que beber do que aportan as industrias musicais, as audiovisuais, as artes escénicas, o mundo editorial, a banda deseñada, e dicir, en todo o que ocorre na nosa contorna”.
Tamén considera imprescindible que a estratexia cultural compostelá ten que ser máis que “a cultura da aglomeración ou de espectáculos masivos, onde podemos non ser tan competitivos, senón que se debe, sobre todo, poñer todas as forzas en formatos medios de vangarda e, ademais, integrados no contexto urbano, o que suporía un efecto tractor tamén para a hostalería e o comercio, e artellar así esa nova capitalidade cultural”.
Para Borja Verea, este camiño debe andarse sen deixar atrás figuras como: o Consorcio, o Auditorio de Galicia, a Santiago Film Comision a Cidade da Cultura e o noso incomparable patrimonio, que moitas veces parece invisible tanto para os que nos visitan como para os propio santiagueses, co que se fai necesario poñer en valor o noso patrimonio material e inmaterial.
Estas iniciativas innovadoras súmanse a todas as propostas que nos últimos meses ten anunciado o candidato Popular, co fin de construír “un novo compostelanismo”, medidas como a peatonalización integral do Campus Sur; a construción da Cidade do Deporte en San Lázaro; volver a incentivar os investimentos no Casco Histórico ou a creación da oficina SantiagoInviste, para a axilización das licenzas.