O Partido Popular, a través do seu concelleiro Pedro Rey, esixíralle ao Goberno socialista, no vindeiro Pleno ordinario, que despois de máis de tres anos e sen ter información, explique se os socialistas dispoñen da Auditoría e o Plan Director das instalacións municipais que se acordaran elaborar no ano 2019 e que aclaren ademais que actuacións, orzamentos e prioridades ten abordado no que vai de mandato.

Rey Sanchiz lembra que, ao pouco de iniciarse o actual mandato, en outubro de 2019 e por iniciativa do Grupo Popular, adoptouse un acordo plenario por unanimidade dos grupos presentes na Corporación Municipal -socialista incluído- para que o Goberno local “coa maior dilixencia posible” elaborara unha auditoría sobre o estado das instalacións deportivas municipais e o grao de cumprimento das normativas que lle son de aplicación, “como un primeiro paso para elaborar un Plan Director no que se reflictan as actuacións, orzamentos e prioridades para a súa execución a curto e medio prazo”.

“Agora, transcorridos, máis de tres anos sen que teñamos constancia de ningunha nova en relación con este acordo, consideramos necesario que o Goberno socialista explique que foi o que fixo neste eido”, aclarou.

O concelleiro Popular considera que a realidade fai pensar que “poucas explicación imos a obter, porque todo apunta a que nada se fixo e Santiago leva catro anos sen concellería de Deportes, tal como denuncian a maioría dos clubs e usuarios da capital de Galicia”.

Así, a partir do vindeiro 28 de maio, se a veciñanza lle da a súa confianza a o candidato Popular, Borja Verea, converterá o deporte nun dos seus puntos fortes, facendo realidade os compromisos que ven anunciando como é a Cidade do Deporte en San Lázaro, onde se instalarán dous campos de fútbol, unha piscina climatizada e un edificio multiusos para a práctica doutros deportes, ademais dunhas instalacións con piscina no barrio santiagués de Santa Marta.

Borja Verea creará un equipo técnico e profesional dependente directamente da Alcaldía para a captación de eventos deportivos nacionais e internacionais que dinamizarán a economía da cidade nos meses máis complicados e tamén servirán para motivar ao noso deporte base, fronte ao feito por un PSOE esgotado e desganado, que non cumpriu as expectativas xeradas. O candidato Popular considera incomprensible a situación de abandono, por parte deste alcalde e os seus concelleiros, do deporte base na cidade, xa que, practicamente, todas as familias e nenos da cidade participan neste tipo de actividades.

O deporte e a saúde serán estratéxicos no programa de Goberno que presentará o PP de Santiago, onde se traballará para conseguir unha Compostela alegre e sostible. O candidato Popular subliña que “de ter a suficiente confianza dos veciños, a partir de 2023, desde os rapaces máis pequenos ata o último deportista de elite, se sentirán protagonistas e orgullosos”.