O vicevoceiro Popular, Ramón Quiroga, reclamaralle ao Goberno socialista, no vindeiro Pleno ordinario, que proceda a mellorar o firme no cruce das rúas Escultor Camilo Otero e María Miramontes, na zona de Cornes, que se atopa nun estado lamentable e supón un perigo para os vehículos que por alí transitan. O Popular pídelle tamén que se proceda á colocación dun colector de vidro na rúa de Manuel Beiras, co fin de completar a área de recollida existente na zona..

Desde hai varios meses, o cruce entre as rúas Escultor Camilo Otero e María Miramontes, na zona de Cornes, vén sufrindo un progresivo deterioro no seu firme, como consecuencia do elevado tránsito de vehículos que soporta, sobre todo pola súa función de vía de acceso desde a  Avenida Antón Fraguas/Avenida de Santiago de Cuba (SC-20/SC-11) cara ao Complexo Hospitalario e as estradas de Noia e Pontevedra. Así, son numerosas as queixas que nós están achegar por parte das persoas usuarias e, en especial, da veciñanza da zona que debe facer uso a diario desa vía.

Como reclama Ramón Quiroga, a veciñanza da zona quéixase tamén da falta de colectores para reciclaxe de vidro nas inmediacións, a pesar de que recentemente se instalaron novos colectores de papel, envases e resto na rúa de Manuel Beiras, botan en falta o colector verde para o vidro, unha carencia que os obriga a un desprazamento que dificulta a correcta xestión dos seus residuos.

Para os Populares cada día é máis evidente que a capital de Galicia precisa un cambio de rumbo, polo que esperan que os veciños lle dean a súa confianza ao candidato Borja Verea e conseguir así un cambio na forma de xestionar Santiago, porque resulta inconcibible ir polas  parroquias e barrios vendo como a veciñanza está farta de pedir cousas necesarias e non obter resposta, xa que á hora de pagar impostos o Goberno socialista non fai distincións.