O candidato á Alcaldía polo PP, Borja Verea, anunciou que, se gana as eleccións municipais, non proporá a parcela posta a disposición polo goberno socialista senón que defenderá a construción dun parking en superficie gratuíto, con capacidade para uns 400 vehículos, no mesmo recinto hospitalario que remataría de xeito definitivo co problema de aparcamento con ademais todas as comodidades para os usuarios do Hospital.

Para Verea este problema ten que resolverse dunha maneira rigorosa e coherente, e non coas présas do que leva catro anos sen facer os deberes. Así o tamén deputado autonómico aposta por un aparcadoiro en superficie na zona do heliporto, que suporía non alonxar do hospital aos usuarios. E é que segundo Verea a parcela que se está a propoñer agora por parte do goberno socialista “é unha patada para arriba” sen pararse a pensar se esa é a mellor ubicación”. “Todos temos claro que é necesario un novo aparcadoiro para o noso hospital, sen fisuras, pero debemos facer as cousas con rigor”, salientou Verea, “así, un aparcadoiro cun desnivel de máis dun 15% cara ao acceso ao hospital non cremos que sexa o máis adecuado tendo en conta o perfil de usuarios que acceden a este tipo de instalacións”. 

As vantaxes da proposta de Borja Verea son evidentes ao ser un espazo que permitiría aos enfermos e persoas maiores aparcar no propio Hospital e non ter que desprazarse centos de metros e cunha pendente tan acentuada. Así, salientou Verea, “imaxinemos ás persoas con mobilidade reducida e con malas condicións climatolóxicas tendo que sortear varias rampas e costas ao longo de centos de metros, que é o que  está a propoñer o goberno socialista”, e engadiu, “nós buscamos o mellor para os veciños, por iso non apoiaremos a súa proposta improvisada”.

O plan de Verea, ademais de pensar na comodidade e accesibilidade para os usuarios do Hospital con este novo parking gratuíto, suporía unha reordenación do espazo con 200 prazas máis de aparcamento e humanización de toda a contorna na que as zonas verdes e o espazo para os peóns recuperarían o protagonismo.

O tamén deputado autonómico calificou de “chapuza” o que está facendo agora o goberno socialista que hai tan só ano e medio rexeitaba esta parcela nun pleno no que o mesmo alcalde dixo que “Por certo, esa parcela… temos aquí unha cousa que é o IDIS, que ten que saír do Hospital, que nos está reclamando esa parcela para ubicar alí o IDIS e a Fundación Xenómica de Galicia, vinculada ao CIMUS.”

É certo, destacou neste senso Verea, “que ultimamente o alcalde socialista tennos acostumados a eses cambios repentinos de criterio que teñen máis que ver con intereses electoralistas que cos dos veciños, como vimos xa coas VUTS”. E engadiu que o goberno socialista está “instalado no conflito nun asunto que tivo 4 anos para resolver e que a 3 meses das eleccións que rendabilizar, e que mello maneira que creando conflitos onde non debería habelos”.

O candidato á Alcaldía lamentou ademais que o goberno socialista non se plantexe ningún tipo de medida inmediata mentres non chegue o parking definitivo, “un sinal máis de que está asentados la improvisación”. Así, anunciou que, se consigue a gran maioría necesaria para gobernar a partir de maio, porá en marcha 3 medidas: asumir o control de tráfico dentro do recinto hospitalario negociar unha baixada de tarifas, fixadas cando gobernaba o actual alcalde e agora as máis caras de toda Galicia, coa concesionaria do aparcadoiro actual; e acondicionar parcelas provisionais como aparcadoiros brandos.