Borja Verea, candidato do Partido Popular á alcaldía de Santiago, asegurou hoxe que o proxecto que presentou hai uns días para solucionar o problema de aparcamento do CHUS é “viable tecnicamente e a solución máis económica”. O Popular insiste en que, tras as declaracións da concelleira socialista en rolda de prensa, queda claro que segue demostrando que “nin ten ideas, nin ten educación”, xa que a proposta Popular do aparcadoiro “non só é viable tecnicamente, senón que ademais é máis cómoda, máis cercana, máis económica e a mellor para os veciños de Santiago”. 

Verea Fraiz considera que a falta de coñecementos técnicos da concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, ten sumido ao Concello de Santiago nun caos urbanístico histórico, polo que cren que as súas descalificacións sobre este proxecto só responden “á frustración de non ser quen de ter acadado unha solución a este tema nos catro anos que leva de mandato”.

O Popular lémbranlle á edil socialista que ser concelleira de Urbanismo “non convalida cunha licenciatura de Arquitectura”, porque para asegurar o que dixo sobre a proposta do Popular hai que ter “máis argumentos que a demagoxia e o insulto”.

“En vez de insultar e menosprezar o traballo dos demais, o que debería facer a concelleira é recapacitar sobre por que está considerada como a peor concelleira da historia do Casco Histórico, algo que queda demostrado vendo como era a vida do Casco Histórico, a vida cultural antes e como é despois de que chegase ela”, remarcou.

Para o líder Popular, ningún responsable desta área no Concello de Santiago ten alcanzado “un grao de desleixo tan elevado, como demostra as numerosas licenzas sen tramitar que se acumulan no seu departamento, os numerosos atrasos nos expedientes e sen logro algún nas súas numerosísimas responsabilidades, entre outras cuestións”.