Lixo sen recoller, contedores sen colocar, falta de maquinaria, usuarios sen servicio e falta de diálogo son “só algunhas das características que definen o novo contrato de limpeza e recollida de lixo en Santiago de Compostela, por elo, cando ten pasado case un ano desde que o Goberno socialista puxo en marcha este servizo e con nove millóns de euros xa “tirados ao lixo”, o Partido Popular denuncia que a recollida de lixo na capital de Galicia “é un total despropósito e funciona peor que antes”.
O voceiro Popular, José Antonio Constenla, destaca que, resulta incomprensible, que despois de que o Goberno local tivese moito tempo para a preparación dos pregos e de tramitación para acordar a nova adxudicación do servizo, isto podar acadar “tal cantidade de desfeitas e sume un grao de incumprimento tan elevado”, mentres, os responsables desta situación, o alcalde Bugallo e a concelleira Mila Castro, aseguran que isto “se resolverá grazas ao modelo ensaio/erro”.
Neste momento, o Goberno socialista ten a hostalería do Casco Histórico en “pé de guerra”, xa que nas vésperas dunha das épocas altas de turismo en Santiago, como é a Semana Santa, o Grupo de Goberno dedícase a “inventar modelos de recollida case cada noite”, pero non son só os hostaleiros os que están enfadados polo pésimo servizo, senón que son tamén moitos veciños de calquera zona de Santiago os que teñen amosado o seu descontento, ben pola falta de contedores, ou cos tempos de recollida, ou pola falta de servizo nalgúns barrios, entre outros motivos.
Así mesmo, explica o voceiro Popular, nada sabemos dos contedores “intelixentes” que ían a avisar cando estaba cheos, mentres esperamos por eles o lixo se acumula ao pé dos puntos de recollida durante días e os novos camións tampouco están operativos, o mesmo que outros elementos, que seguen á espera da súa fabricación, aínda que as condición do contrato sinalaban que, “en ningún caso, poderán alegar falta de medios para axustarse aos servizos identificados”.
O Popular destaca que, tampouco os traballadores son alleos a este descontento, xa que levan moitos meses reivindicando que o Goberno socialista poña fin aos incumprimentos que sofren, sobre todo, no relativo á falta de persoal e maquinaria ou a non substitución das illas soterradas, ademais dunha nula organización.
José Antonio Constenla subliña que o que está a acontecer co lixo en Compostela pon de manifesto que nin o alcalde Bugallo, nin a concelleira responsable, Mila Castro, están a amosar interese en que este servizo funcione con normalidade, co que se está producir un serio descontrol nun servizo básico e universal, que está a afectar a toda a veciñanza e produce un gran impacto negativo na imaxe da cidade e na calidade de vida das persoas.
“Aquí podería aplicarse a célebre frase, atribuída ao filósofo Eugenio D’Ors, de que ‘os experimentos, con gaseosa’, sobre todo, cando se trata dun servicio de interese xeral, de benestar cidadá e de orzamento público, no que non debería haber lugar para a improvisación”, agregou.
Esta situación non é máis que un exemplo do descontrol do Goberno socialista, onde a mesma concelleira que facilita contratos a empresas de compañeiros, non é quen de sacar adiante un contrato de recollida de lixo como corresponde á capital de Galicia.