Chegamos a final de mandato e no Concello de Santiago seguimos celebrando Plenos extraordinarios para que se abonen facturas pendentes, nun momento no que o Concello ten nas súas contas máis diñeiro que nunca, o alcalde socialista segue en pagar. Nesta ocasión, os cartos que están nas arcas do Concello chegan case aos dous millóns de euros e están relacionados co proxecto Smartiago, que viña para levar á capital de Galicia ao século XXI e parece que quedou fundido no XIX, por elo, o Partido Popular denunciou o oscurantiso do Goberno socialista ao ocultar cales son os resultados dos millonarios investimentos este proxecto.

No transcurso do Pleno, que non foi transmitido por streaming polo os veciños non puideron velo, unha mostra máis da falta de transparencia deste Gobrno o Partido Popular subliñou que o que viña a ser un proxecto de cidade, agora, non é, nin tan sequera, un expediente ben executado. Desde o PP, non cuestionamos nunca os contidos do Smartiago, porque se algo ten claro este partido é que Santiago ten que camiñar cara o futuro e converterse nunha cidade de vangarda, pero o que é máis que evidente é que “o alcalde Bugallo nin quere nin pode”.

É evidente que o Goberno socialista vive sumido nun cúmulo de irregularidades e agora toca aboar máis de 1,8 millóns de euros deste proxecto innovador con múltiples facturas sen contrato, fora do contrato ou ao marxe do contrato, pola porta do Pleno extraordinario, porque o Grupo socialista non foi que de sacar uns orzamentos e o que temos con eses cartos “son bancos para sentarse ou cámaras que non sabemos onde están instaladas e que vixían aos cidadáns sen propósito algún”.

Pasado o Pleno, seguimos se saber para que serven as cámaras que xa están colocadas; se están operativas, onde se atopa o Centro de Procesamento de Datos?. Tampouco houbo resposta de como se poden gastar 600.000 euros nun chasis para vehículo autónomo e que non se volva a saber nada de el? ou como poden valer 300.000 euros unhas bandas con sensor de movemento e para que serven os datos que se obteñan?

A todas estas cuestións, o Goberno socialista da a calada por resposta e só repite, unha e outra vez, que “o proxecto Smartiago é algo moi importante”. 

Así mesmo, o alcalde socialista chega a cuestionar no Pleno a función do Interventor e afirma que “fai o traballo da oposición”, por ter advertido das numerosas irregularidades atopadas no programa Smartiago.

O caso é que todo no Goberno de Bugallo é improvisación e inoperancia, un exemplo da falta de iniciativa e de interese do Grupo de Goberno o puidemos ver onte, cando asistíamos a “esperpéntica” presentación dos novos medios do servizo de limpeza viaria ‘Santiago Sostible’, uns medios que xa deberían estar funcionando desde o mes de maio de 2022, pero a falta de vergoña do alcalde socialista no impediu que os presentasen ao público cando quedan pouco máis de dous meses para as eleccións municipais.

Pero o que está claro é que ao alcalde Bugallo só está centrado en “presentar proxectos empregando o Concello como altofalante”, proxectos que xa terían que levar anos feitos, mostra dilo é a inauguración onte da  pista de Atletismo do Campus Vida, que pasou moitos anos no esquecemento e agora renace no horizonte duns comicios electorais.