O Partido Popular denuncia o abandono ao que ten sumido o Goberno socialista ás instalacións deportivas municipais, mentres a dous meses das eleccións inaugura “a bombo e platillo” as pistas de atletismo do Campus Sur, nas que investiu case 150.000 euros e que serán empregada, na súa meirande parte, por unha institución allea ao Concello que, ademais, será a que decida cando “as presta” aos santiagueses, polo que reclamamos que estean a disposición de todos os clubs e veciños de Santiago.

O voceiro Popular, José Antonio Constenla, manifestou que “consideran positivo a colaboración do Concello con outras institucións da cidade”, pero, engadiu “o que non é de recibo e que as instalacións municipais se estean deteriorando cada día máis e que, ademais, se pospoñan no tempo actuacións que beneficien ás infraestruturas municipais”.

Así mesmo, Constenla Ramos reprocha que as distintas instalacións nas que o Concello investiu o diñeiro dos santiagueses non podan ser empregadas en igualdade de condicións con outros usuarios”.

Unha mostra desa situación é o campo de rugby do Campus Sur, onde o Concello investiu unha importante cantidade de diñeiro, pero o Goberno socialista non foi quen de acadar un convenio que beneficie aos usuarios e clubs santiagueses, dándose, incluso, o caso de permanecer pechado en horarios nas que poderían ser usado polos clubs ou afeccionados santiagueses”.

“Mentres tanto, instalacións tan significativas como o Estadio Verónica Boquete en San Lázaro, con pistas de atletismo e campo de fútbol, segue caéndose a cachos ante os ollos dos santiagueses e a inoperancia do Goberno socialista”.