O Goberno socialista non resolver aínda as axudas para empresas de economía social correspondentes á convocatoria do pasado ano 2022, co que incumpre o prazo establecido nas súas propias bases, que sinalaban o prazo máximo para a resolución expresa no 15 de decembro de 2022, co que de acordo co disposto no texto publicado as solicitudes entenderanse desestimadas “por silencio administrativo”.
Cabe destacar que a listaxe de persoas beneficiarias xunto co importe da axuda concedida, así como aquelas cuxa solicitude sexa denegadas polos motivos que concorran, terían que ser publicadas no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello e na páxina web www.cersiaempresa.gal.
Por este motivo, o Grupo Popular -que recibiu queixas dalgunhas entidades solicitantes pola falta de comunicación- acaba de presentar unha pregunta ao Goberno socialista para coñecer os motivos desta demora e as previsión do Goberno ao respecto.
Estas axudas, que contan este ano cun orzamento de 250.000 euros, teñen como obxectivo segundo se sinala na convocatoria a consolidación e o mantemento de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción, mediante axudas ao gasto corrente en que estas incorren para desenvolver a súa actividade.
Para o Grupo Popular este desleixo é unha mostra máis da falta de interese do Goberno polas accións de apoio real a este sector que supón unha alternativa para a loita contra o desemprego, un medio para acceder ao mercado de traballo e, en definitiva, un elemento importante para a creación de emprego e riqueza. Esta demora contrasta co feito de que o ano pasado Santiago fora designada “Capital da Economía Social”, en atención á implantación na cidade de case 200 empresas locais deste sector, algunhas delas con expansión noutros concellos de Galicia.