A menos de 70 días das eleccións municipais, os veciños de Santiago se ven “inundados” por múltiples presentacións de proxectos e numerosos anuncios por parte do Goberno socialista, “nunha carreira contrarreloxo cara a última data na que o Goberno Bugallo pode seguir vendendo fume”. 

Así, o voceiro municipal Popular, José Antonio Constenla, ven de denunciar o “chorreo de promesas electorais, disfrazadas de proxectos coas que o alcalde socialista enche a axenda do Concello, moitas das cales xa deberían estar rematadas ou ben xa iniciadas”.

Nas últimas semanas, estamos asistindo a “unha explosión de compromisos que tiñan o seu nacemento no programa electoral dos socialista e dos que nada se sabía ata o de agora”, promesas como a sinatura do Pacto polo Rural, recordar que foi un compromiso articulado por todas as forzas políticas no Concello e do que agora quere tomar rédito o partido socialista; ou a constitución onte do Consello de relacións veciñais, un órgano que ten por obxecto canalizar a participación cidadá a través de reunións periódicas, que xa non poderán ter lugar ata o vindeiro mandato, “catro anos tiveron para crealo, pero parece que “só puido ser posible a dous meses das eleccións municipais”, destacou. 

A falta de vergoña do actual alcalde socialista parece non ter límite, polo que é seguro que de aquí a un par de semanas veremos como emprega todos os medios ao seu alcance para “impactar aos veciños” a través de calquera plataforma, xa nos ten acostumados ao uso da rolda de prensa da Xunta de Goberno local que conta con retransmisión por streaming para facer anuncios do Goberno socialista, mentres ten “apagado“ este sistema para as roldas de prensa dos demais grupos dentro do Concello.

José Antonio Constenla lembra que non hai máis que mirar “o programa electoral dos socialistas para ver que non cumpriron nin unha ínfima parte das súas promesas, pero que agora as vemos anunciadas en forma de roldas de prensa improvisadas, reunións con colectivos cos que nunca estiveron en catro anos e con anuncios de obras que nin empezaron, nin se poderán iniciar en moitos meses”.