O Partido Popular presentou ante o Xulgado unha denuncia contra o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo e outros seis concelleiros, Mercedes Rosón, Milagros Castro, Gumersindo Guinarte, Gonzalo Muiños, Esther Pedrosa e Marta Abal, compoñentes da Xunta de Goberno local onde asinaron o contrato dunha nave propiedade da empresa Desproi Promociones S.L., ubicada no Polígono Costa Vella, propiedade do exconcelleiro de Medio Rural, José Manuel. Dentro da denuncia inclúese ao secretario de Organización de UXT-Galicia, José Luís Fernández Celís, como administrador único de Desproi e ao exconcelleiro José Manuel Pichel.
Para o PP, todos os concelleiros denunciados eran plenamente conscientes de todo elo e tamén o propio Alcalde, sendo a Alcaldía a que toma a decisión de propoñer a adxudicación do contrato de arrendamento. Ademais da documentación consultada extráese tamén que non era a primeira vez que a mercantil recibía un trato privilexiado por parte do Goberno socialista.
Os feitos son presuntamente constitutivos de varios delitos contra a Administración Pública, como: prevaricación, tráfico de influencias, malversación, fraude na contratación, negociacións prohibidas a funcionarios e a aqueles outros que poidan xurdir da instrución.
O texto da denuncia, presentada polo voceiro do Grupo municipal Popular, José Antonio Constenla, ten por obxecto a presunta actividade delictiva que despregaron os denunciados, aproveitando ilicitamente a súa posición respectiva, co fin de favorecer á sociedade Desproi Promociones, S.L., tamén denunciada, representada por Fernández Celis, e cuxa titularidade era a súa vez de varias mercantís que pertencen respectivamente a un dos denunciados, o ex concelleiro, José Manuel Pichel, a través da súa participación na mercantil Servicios Técnicos GAIA, S.L., e a outras entidades estreitamente vinculadas ao Partido Socialista ao que pertencen os denunciados, como UXT-Galicia ou Unións Agrarias-UPA.
Así, do feito polos denunciados, se desprende con claridade a existencia de varias resolucións, executadas polos concelleiros e en beneficio dos restantes denunciados, que son de carácter inxusto, xa que vulneran de maneira grave o procedemento legalmente establecido. Para o Partido Popular, isto é así, ata o punto que son calificadas como nulas de pleno dereito polo Interventor Municipal, xa que se ditaron coa soa intención de beneficiar a persoas afíns ao seu Partido Político, eliminando a posibilidade de competencia de outros cidadáns, ocultándoa á oposición municipal e, ao resto da cidadanía, a existencia destas estreitas relacións coa mercantil beneficiada, para evitar todo control sobre a súa actividade ilícita.
Existen e se acreditaron documentalmente na denuncia presentada, numerosos indicios que sinalan que os denunciados non podían descoñecer a verdadeira composición da mercantil denunciada e as súas vinculacións.
Despois de varios meses solicitándolle ao Goberno socialista que dese as explicacións oportunas, tanto no Pleno como diante da cidadanía, e tras non obter unha resposta axeitada, o Partido Popular, unha vez recompilada toda a información, procedeu a formalizar a denuncia correspondente co fin de aclarar a situación e na procura de que se tomen as medidas oportunas, no caso de que a Xustiza considere probados estes feitos.