Borja Verea, candidato á Alcaldía de Santiago, presentou hoxe o primeiro tramo da súa lista ante o Comité Executivo.

Dos quince primeiros postos, hai que salientar que 12 son naturais de Compostela, procedentes de diferentes barrios e parroquias e integrados no tecido asociativo da cidade.

Ademais de abranguer diferentes idades, é importante destacar a capacidade de xestión desta lista coa que Verea deixa claro que “O primeiro é Santiago, por diante de calquera partido ou siglas”.

O nomes presentados hoxe cumpren con creces os requisitos que sempre destacou Verea como imprescindibles para formar parte do seu equipo: renovación, competencias profesionais e compostelanismo.

Este é o equipo que gobernará Santiago a partir do 1 de xuño:

  1. Borja Verea Fraiz
  2. Maria Baleato González
    Nada no 1977 en Santiago. Licenciada en Dereito.
    Funcionaria, secretaria-interventora, pertence tamén ao corpo superior de Administración Xeral da Xunta de Galicia. Foi directora de Competitividade de Turismo de Galicia e hoxe en día é subdirectora xeral na Secretaría Xeral de Emigración.
    Na actualidade ocupa a secretaría da Asociación Cultural Casino de Santiago.
  3. Yolanda Otero Balsa
    Nada en Suíza, en 1974. Veciña de San Xoan de Fecha. 
    Coordinadora xeral do PP de Santiago.
    Licenciada en Dereito. Funcionaria de carreira do Corpo Superior da Xunta de Galicia, na actualidade é subdirectora xeral de Recursos Residenciais e Atención Diúrna de Maiores na Consellería de Política Social.
  4. Jose Antonio Constenla Ramos
    Nado en Santiago en 1970 e natural do barrio de San Pedro.
    Licenciado en Dereito. Máster en IESE. Voceiro do grupo popular no concello de Santiago de Compostela.
  5. Olaya Otero Sanjurjo
    Nada en Santiago en 1984. Barrio do Castiñeiriño
    Graduada en Relacións Laborais e Recursos Humanos pola USC, é máster en RR.HH. e Dirección de Persoas. Na actualidade, é responsable da selección e captación de talento na empresa de Sistemas Técnicos Accesorios e Componentes STAC.
  6. José Ramón de la Fuente Rodríguez
    Naceu en Santiago o 14 de agosto de 1966.
    Veciño de Conxo. Licenciado en Dereito.
    Funcionario do Parlamento de Galicia desde 1992.
    Socio-fundador da Asociación de Veciños Conxo Aberto no ano 2010.
  7. Nerea Barcia Guldrís
    Nada en Santiago, Figueiras. 25 anos. 
    Nai dun neno.
    Graduada en Educación Social pola USC, actualmente traballa nun centro de protección de menores. Realiza traballos de voluntariado en Down Compostela, Hospital Clínico e con persoas con Alzheimer.
  8. Evaristo Ben Otero.
    Nado en Santiago en 1951.
    Reside en San Marcos.
    Vicesecretario xeral de Organización PP da provincia da Coruña. Voceiro do grupo popular na Deputación da Coruña. 
  9. Rosario Ferreiro Varela
    Residente en Fontiñas. 1974.
    Licenciada en Dereito. Funcionaria do Estado. Na actualidade é a Xefa do Servizo de Contratación Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
  10. Adrián Villa Torres  
    Nado en Santiago. 32 anos 
    Residente no Castiñeiriño.
    Título en Xestión de Empresas Hostaleiras no Centro Superior de Hostalería de Galicia. Foi secretarioda Semana Santa de Santiago
  11. Borja Rubio Somoza. 
    Nado en Santiago. 39 anos.
    Veciño do Castiñeiriño. Traballa na Rede Galega de Dinamización Xuvenil e participa activamente desde mozo no tecido asociativo compostelán. ANPA
  12. Soledad del Campo Fernández.
    69 anos. Veciña de Guadalupe.
    Funcionaria do Estado, xubilada actualmente.
    Licenciada e Máster en Mediación.
    Membro da Xunta Directiva da Asociación de Veciños de Guadalupe.
  13. Pedro Rey Sanchiz
    Residente do Casco Histórico. 48 anos
    Licenciado en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), coa especialidade de Economía Internacional. É o director da Oficina Web da universidade compostelá.
  14. Estela Beiras Freire
    Nada en 1991 en Santiago, é natural do barrio de San Lázaro
    Estudos e formación en perruquería e estética. Logo de finalizar os seus estudos traballou como perruqueira e, desde hai catro anos, traballa no sector da alimentación.
  15. Julio Fernández Balado 
    Naceu en Santiago de Compostela en 1966.
    Natural do barrio de San Lázaro é veciño de Laraño desde hai 21 anos.
    Funcionario retirado do Ministerio de Interior (Garda Civil)