O candidato á Alcaldía de Santiago polo Partido Popular, Borja Verea, ofreceu hoxe un almorzo informativo no que remarcou que, nas vindeiras eleccións do 28 de maio, “os cidadáns va ter todo o poder para decidir quen vai ser o seu alcalde para os vindeiros catro anos e só teñen dúas posibilidades: ou un tripartito, mestura de socialistas, nacionalistas e Podemos, con políticas do pasado, con maneiras doutras épocas de facer as cousas, ou o meu equipo, que ten como obxectivo levar a Compostela ao século XXI”.
O popular destacou que “se facemos a media de idade dos primeiros postos da lista na candidatura do partido socialista está arredor dos 65 anos e a do PP está nos 40 ou 45 anos, un cambio xeracional, pero tamén un cambio de políticas”, un dato obxectivo que, sinalou, “reforza un cambio imparable que traer toda esa forza xeracional”. “O venres anunciamos o primeiro tramo da lista, cun equipo de mulleres e homes que gobernará Santiago, a partir do 1 de xuño, con paixón, con solvencia e con eficacia”, agregou Verea.
Borja Verea apuntou que a lista presentada cumpre cos tres requisitos que apuntou sempre como indispensables: “renovación, competencias profesionais e compostelanismo” e lembrou que “cumprín a miña palabra, anunciamos este primeiro tramo con persoas con experiencia nas súas profesións, porque o que se trata é de que teñan, sobre todo, capacidade para gobernar, son unhas eleccións para dirixir a capital de Galicia e, polo tanto, para gobernar unha Administración moi complexa”.
Para o popular, “foi, precisamente, a nefasta xestión do partido socialista no Concello de Santiago a que está arrasando co esgotado Goberno do candidato do partido socialista, un Goberno que non é quen de pagar ás súas facturas, que está en colapso burocrático, que non foi quen de arranxar os problemas máis cercanos aos veciños como o do lixo, os autobuses ou o contrato da auga”.
Verea subliñou que “estamos ante un Goberno esgotado, incapaz de saír do gravísimo caso de corrupción no que está metido Bugallo e, cada vez que lle nega información aos composteláns, está faltando aos principios básicos dun Goberno democrático”. Ademais, sinalou que “sempre que alguén lle pregunta polo tema, responde insultándome a min persoalmente, deixando en evidencia que non é quen de respostar”. Reacción que nos fai preguntarnos que oculta o partido socialista e o señor Bugallo? De verdade, toda a súa estratexia vai a ser insultarme por facer eu o que dixo que ía facer el?
Para o tamén deputado autonómico, “é un insulto á intelixencia de todos os composteláns que Bugallo siga negando que non sabía nada, mentres os seus concelleiros alugaban unha nave de xeito irregular, cando presume de que non se move un bolígrafo no Concello sen que el o saiba, ninguén nesta cidade se cree isto a estas alturas”.
O candidato á alcaldía polo Partido Popular incidiu en que “nós seguimos explicando como soñamos Santiago, un Santiago que recupere a vangarda, o futuro, un Santiago máis amable, máis humano e máis familiar”.
Borja Verea destacou ademais que a súa candidatura leva meses presentando medidas específicas para levar a Compostela ao século XXI, en materia de familia coa creación de esa área de familia que dependerá directamente da alcaldía; a creación desa rede de cociñas escolares; o Plan integral de conciliación, ou a renovación e cubrimento dos parques infantís, empezando polo da praza da Constitución. Medidas específicas tamén en vivenda, con Bono vivenda, onde será o Goberno o que alugue directamente os pisos baleiros aos propietarios, pagándolle a renda desde o primeiro mes e, a partir de aí, ter unha bolsa de inmobles para poñer a disposición de xente nova, de xente sen recursos, de familias con fillos, de maiores con dependencia e tamén para estudantes, e tamén unha medida innovadora transformadora que é a posibilidade de que os baixos baleiros se poidan converter en vivendas e se comunicou un estudo do barrio de Conxo, onde hai máis de 200 locais que poderían converterse en vivendas.
Por outra banda, o Popular sinalou que, en relación á Casa da Xuventude, “a nosa postura é clara e firme, non se moveu nin un milímetro”, así engadiu que “a nosa idea é derrubar a Casa da Xuventude, xa neste mesmo ano 2023, e anular a indecente cesión que acaba de perpetrar tanto a Deputación da Coruña como o Concello, polo tanto nós o que imos facer é abrir o parque de Belvís a toda a cidadanía, sobre todo, ao barrio de San Pedro e a Porta do Camiño, recuperar a praza do Matadoiro como un espazo verde e social, un espazo comunitario”.
“En materia de economía crearemos esa oficina, Galicia Inviste, para reducir os prazos das licenzas, para facer un importante traballo en materia de captación de investimento e, o máis fundamental, para converter a Compostela nunha cidade amable para todo aquel que decida emprender aquí”, remarcou Verea.
Finalmente, durante a súa intervención, Borja Verea insistiu en que “fronte a propostas concretas, estudadas e serias, estamos vendo como o candidato socialista fai o ridículo cun chorreo de promesas desesperadas, despois de catro anos sen facer absolutamente nada, sería cómico se non fose triste. Eu como alcalde, se me presento a unha reelección pódovos garantir que non presentarei promesas, o que presentarei serán feitos realizados”.