Borja Verea, candidato á Alcaldía de Santiago polo Partido Popular, defendeu, nun  debate organizado polo Seminario de Futuros Urbanos (USC) ao que acudiron os 4 cabeza de lista con respresentación no Concello, a súa postura sobre o futuro da Casa da Xuventude. 

“A nosa proposta é clara e coñecida e non ten matices nin letra pequena”, continuou, “imos crear un novo espazo público verde, comunitario e social, que conectará o Parque de Belvís, a Praza do Matadoiro e a Porta do Camiño”.

Para Verea é necesario eliminar a Casa da Xuventude para seguir creando cidade, “construír cidade moitas veces esixe crear espazos libres, vaciar, osixenar, e este é o mellor exemplo”, salientou. Así deixou constancia da súa inteción de converter a zona nun novo espazo de transición, de uso público porque “para nós ten máis valor o lugar que recuperamos que o edificio administrativo”.

O tamén deputado autonómico calificou de serio, respectuoso coa historia e exquisito co patrimonio o seu proxecto. Nesa mesma liña afirmou que a nova praza vai ser testemuña do que había antes; e a súa configuración radial, a propia estereotomía da pedra, deixan intuído o pasado da Praza do Matadoiro.

Así fixo mención á fonte que alí se atopa, que pasará a ser un elemento “absolutamente protagonista”. Unha fonte que hoxe en día recibe augas grises de San Pedro e limpas da mina de Bonaval, e se converterá nunha fonte completamente rehabilitada e con auga de calidade. Unha fonte, lembrou Verea, que xa aparecía no plano que debuxou en 1741 Vergel, “proba de que a cidade está viva, e conxelala sería seguir narcotizándoa”

Verea destacou que “nós fomos coherentes sempre, coherencia que lle falta ao  PSOE, dando bandazos, que non deixan de ser as miserias das urxencias electorais”. Nese senso, defendeu o seu proxecto porque “é futuro pero tamén respecto polo pasado”. Así, continuou “gañamos espazo, gañamos unha transición natural, gañamos unha praza, un acceso ao parque; ábrese unha nova rúa, que está en posición de dominancia, a nivel visual tanto a rúa como a praza son un mirador sobre o parque”.

O popular deixou claro que “temos o proxecto, temos o convencemento e temos as ganas pare levar a Compostela ao século XXI”. “Estamos a falar dunha peza pendente, importante desde o punto de vista urbanístico, pero tamén desde o punto de vista emocional”, incidiu, concluíndo que “crearemos un novo espazo verde, comunitario e social, abrindo e conectando parque de Belvís coa eliminación da Casa da Xuventude este mesmo ano 2023”.