O líder dos populares composteláns, Borja Verea, anunciou hoxe que concelleiros dos seu grupo municipal terán dedicación exclusiva. Así, María Baletato, José Antonio Constenla, Olaya Otero e José Ramón de la Fuente, serán os encargados de traballar ao 100% para a cidade.
Co Grupo Municipal xa en funcionamento, levarase a cabo unha reunión semanal para ir marcando e poñendo en común as necesidades que se van ir atopando nas reunións que vai levar a cabo cada concelleiro cos representantes das súas áreas. E é que a política de estar na rúa, que marcou estes dous anos de Borja Verea á fronte do PP de Santiago, vai seguir sendo un sinal de identidade do grupo municipal popular. Un grupo municipal que contará con Verea como voceiro, e con María Baleato, José Antonio Constenla e Yolanda Otero como vicevoceiros.
Verea afirmou que desde hai un mes “comezamos a construción dun goberno alternativo de futuro, porque liderar a oposición significa mostrar aos cidadáns as liñas principais doutra maneira de gobernar”, e sinalou que o farán desde o minuto 1 “traendo á axenda pública as cuestión claves para o futuro de Santiago, fiscalizando as carencias cando as haxa e, sobre todo, proxectando a nosa maneira de entender Compostela”.
Así sinalou que están listos para gobernar en calquera momento, e comprometeuse a seguir pelexando por cada parroquia, por cada barrio, xa que “os nosos veciños merecen a alguén que mire por eles, e ese alguén imos ser nós, cunha oposición moito máis ampla que o propio goberno, cunha oposición sólida, cunha oposición seria e solvente”.
O líder popular levou a cabo tamén o reparto de competencias dos seus concelleiros, que queda da seguinte maneira:
- María Baleato: Vicevoceira primeira, Turismo, Acción Cultural e Relacións Institucionais.
- Yolanda Otero: Vicevoceira segunda, Servizos Sociais, Familia, Infancia e Maiores
- José Antonio Constenla: Vicevoceiro terceiro, Casco Histórico, Urbanismo, Vivenda
- Olaya Otero: Economía, Industria e Comercio.
- José Ramón de la Fuente: Deportes, Seguridade e Centros Socioculturais
- Nerea Barcia: Medio Rural e Parroquias
- Evaristo Ben: Participación cidadá, Consumo e Benestar Animal
- Rosario Ferreiro: Contratación e Facenda
- Adrián Villa: Mobilidade, Infraestructuras e Medio ambiente.
- Borja Rubio: Educación, Xuventude, Igualdade e Dereitos LGTBI