O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, xunto aos candidatos ao Congreso e Senado o 23J, Marta González, José Antonio Constenla e Alberto Castellanos, participaron esta noite na apertura de Campaña das eleccións xerais do 23 de xullo.
Verea calificou esta campaña de “diferente pero moi importante, cunha data fixada por Sánchez na metade do verán que o que busca e desanimarnos”, e invitou aos composteláns a participar dunha gran maioría que “nos permita gobernar en solitario, sen ataduras e poder marcar o rumbo que necesita o país”.
O tamén deputado autonómico pediu ademais que, aínda que as enquisas van ben, “estemos especialmente alerta e vixiantes” polo momento no que se convocan estas eleccións e pola situación do país, pero sobre todo, e o máis importante, porque “o que se presenta é o noso presidente, Alberto Núñez Feijóo, e merece todo o noso apoio”.
Verea apelou a esa gran maioría para evitar que suceda o que fixeron en Santiago, “non van ter ningún tipo de escrúpulos, xa o vimos aquí, onde gañamos as eleccións con 11 concelleiros e a segunda forza obtivo a metade; nós cun 38% dos votos, e eles o 23%”.
Así preguntouse se non se trataba de respectar á lista máis votada. En Santiago era sinxelo, continuou, “tratábase de respectar á forza política que tivo unha vitoria aplastante sobre o resto de partidos políticos, de respectar a vontade maioritaria da xente”. Nese senso destacou que “non lles vai temblar a mar para pactar con quen sexa”.
Feijóo, antídoto do sanchismo
Durante a súa intervención, Marta González, candidata ao Congreso, sinalou que hoxe se inicia a conta atrás para que todos os españoles teñan “un goberno serio, fiable, estable e que nos faga esquecer os cinco anos desastrosos do goberno sanchista, un Executivo no que conviviron socialistas, podemitas, comunistas e os independentistas cataláns e vascos”.
Todo estes meses, incidiu, “traballouse na elaboración dun programa electoral que será o contrato de Feijóo e do PP cos españois, 365 propostas para a reconstrución do país e para abrir un novo tempo, onde España non dependa das minorías, como lle pasa a Pedro Sánchez, atado de pés e mans nas súas decisións e asumindo calquera chantaxe por continuar un día máis no poder”.
Unidade do voto
Pola súa banda, José Antonio Constenla apelou á unidade do voto, “si se vota al PP, Sánchez se va; pero para eso es preciso no dividir el voto, no escuchar los cantos de sirena de aquellos que piensan que España son sólo tópicos”. Neste senso salientou que “el PP es el único partido que tiene un proyecto de Estado, trazabilidad constitucional y experiencia de gobierno en momentos díficiles”.
Ademais Constenla referiuse aos verdadeiros socialistas, aos que lles lembrou que “una victoria del PP es también una oportunidad para ellos”, unha oportunidade de que goberne España un partido centrado, reformista, constitucionalista, que defenda a unidade nun Estado das Autonomías. Iso, insistiu, “les va a permitir reconstruirse como partido de Estado, puesto que hoy el partido de Sánchez no lo es, estamos ante un proyecto personalista dirigido por un narcisista ególatra como Pedro Sánchez”.