A vicevoceira por Partido Popular de Santiago, María Baleato, preguntou hoxe ao novo goberno de Santiago a motivo da retirada do programa das festas do acto da ofrenda do Apóstolo. 

Para Baleato “estamos ante unha situación surrealista onde parece que se quere eliminar calquera pegada da Ofrenda nestas festas, que, non esquezamos, son as do Apóstolo”. Así, apuntou a concelleria, “xa dixemos o que tiñamos que dicir sobre que acuda ou non á Ofrenda, pero borrala do programa roza o rídículo do sectarismo”.

A vicevoceira calificou de “falta de respecto aos composteláns este tipo de políticas de minorías onde priman os intereses persoais e partidistas por riba dos de todos os veciños de Santiago” e pediu que se volva a incluír no programa das Festas do Apóstolo un acto tan importante como a Ofrenda.