O PP de Santiago vén de solicitar que se instalen pantallas xigantes o domingo 20 de agosto para que os composteláns poidan seguir a final do mundial de fútbol feminino.
Para o concelleiro José Ramón de la Fuente, estamos ante un auténtico fito deste deporte, xa que a selección española de fútbol feminino, disputará, por primeira vez, a final dun mundial.
Así, salientou ademais que estamos ante unha competición deportiva na que a galega Teresa Abelleira ten un papel destacado e protagonista, no que está a realizar unha auténtica xesta deportiva, marcando un fito, cuxos logros tanto están a facer pola promoción deste deporte, especialmente no ámbito feminino, tan necesitado como está da atención e do recoñecemento que merece, e que tanto seguemento esta conseguindo entre os afeccionados e afeccionadas,, Neste senso, engadiu que este tipo de xestos, como a instalación dunha pantalla nun momento histórico, supoñen moito tamén para a promoción do noso deporte feminino.
Por este motivo, engadiu De la Fuente, “vimos de solicitar á Alcaldía a instalación dunga pantalla xigante nun lugar público axeitado da cidade onde se poidan reunir os cidadáns que o desexen para seguir a final do Mundial de Fútbol Feminino”.