O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, denunciou hoxe a mala planificación das obras do campo de fútbol das Cancelas, que coincidirán co inicio dos adestramentos e competicións deportivas.
Para o edil, “as obras deberon ser planificadas para que a súa execución coincidira cos meses do verán, cando o campo practicamente non se usa, incluso permanece pechado. Sen embargo a Concellaría de Deportes as programa para o mes de setembro, xusto cando os clubs comezan a pretemporada e precisan dispor do campo para adestramentos”.
Ademais criticou que se “ande a marear ás familias, ás que o domingo se lle comunicou que o as obras comezarían o 11 de setembro polo que a partir dese día os adestramentos se trasladaban ao campo da Universidade, xusto na outra punta da cidade, e o martes 12 volvéronse a poñer en contacto con eles para anunciarlles que voltaban adestrar ao campos das Cancelas, e todos estes cambios porque a maquinaria necesaria para comezar a actuación non chegou a tempo”, lamentou. Unha restraso que, en pleno século XXI, resulta difícil de xustificar, e que ademais supón un trastorno para xogadores e familias que están atónitas co que está a suceder, destacou de la Fuente.
Así, a nefasta decisión do Concello fixo que o luns e martes os clubs tiveran que cambiar o lugar habitual de adestramentos mentres o campo das Cancelas permanecía pechado sen uso; “non cabe xestión máis indolente e pouco respectuosa cos afectados”, incidiu o edil popular.
E é que estes vaivéns non só causan transtornos aos pais e xogadores, que amosaron o seu malestar ante o edil popular, senón tamén aos propios clubs, “algún está incluso demorando a ampliación de equipos por non ter garantido un lugar onde adestrar e xogar”, destacou.
De la Fuente insistiu en que “a cidade está, como sabemos, escasa de campos de fútbol para atender as necesidades dos clubs da cidade, pero se a isto engadimos que o Concello non se toma en serio a xestión do deporte, e non están dispoñibles os poucos que existen, a situación convértese en surrealista”, e engadiu que “como xa denunciamos a pasada semana, cómpre que o Concello reclame á empresa contratista a reparación inmediata e integral do céspede, e lle exixa a asunción dos prexuízos que, á vista está, ocasiona aos clubs afectados”.